Imprimir y PDF

José Alfonso Sierra. Secretario da CECRV

Unha Viticultura Arquitectónica e Monumental.

23/04/2010

Onde as borrascas máis bravas do Atlántico deixan fendidos os seus ventres na proa rochosa dunha estática e vella nave chamada Galicia, á que regan sen cesar co líquido que mana das súas feridas. Onde os esqueletos pelados das árbores se visten de verde liquen, longo e elegante; onde as bruxas se disipan, se dilúen, con conxuros licorosos; onde a viticultura se fai arquitectura e decora os canóns do Sil, alí, alí é xustamente onde se foi a Conferencia Española de Consellos Reguladores Vitivinícolas- CECRV a celebrar a súa Asemblea de primavera.

Cando hai maior crise de mercado, de consumo, de valores, de cambio regulamentario, de usos, de costumes, entón quizá hai que volver sobre os nosos pasos para comprobar que miles de anos logo de creado o viñedo nos canóns do Sil, segue posuíndo un valor xeral que nos fai tomar forzas para enfrontar o noso máis inmediato futuro.

A viticultura pode ser xeométrica, lineal, poligonal, esférica, pentagonal, cuadrangular, rectangular; pode ser aritmética, matemática, xeográfica, musical, festiva,� pero arquitectónica ??

Arquitectónica e monumental só hai unha: a de Ribeira Sacra. Unha viticultura, espacial, modelada, equilibrada, estética, fermosa, cativadora, humilde, grandiosa, arrebatadora. Rica, retadora, coqueta e atrevida, seria, conmovedora e rechamante, amplamente rechamante, acolledora e emocional.
Non é de estrañar que se refuxie, que se esconda nas ladeiras do Sil e á vez que se expoña ás miradas dos viaxeiros que asucan, que remontan as súas augas penetrando no corazón da Ribeira Sacra, que buscan a calor das súas xentes, o aroma dos seus viños, a sinxeleza e riqueza dos seus alimentos.

Entre ese marco entre ancestral e sempre guía do clásico e de permanente actualidade, os viños de calidade deste país volven dicir ao mercado: que grandeza, que riqueza sen igual teñen os viños de España. Lugar natural de contrastes, de alturas, de fonduras, de pequenos climas, de soles, de choivas, de xentes e cepas variadas e aclimatadas. Non hai igual no planeta. O sistema renóvase a si mesmo. A grandeza está como case sempre na sinxeleza, no xenuíno, no modo e o xeito de facer, sen malbaratar o que a Natureza ofrece. Só conducindo os seus pasos, matrimonio e equilibrio entre o ser humano e a natureza.

Extraído de:
josealphonso.blogspot.com


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.