Imprimir y PDF

Obxectivo: OFRECER AOS SOCIOS SEGUROS PERSOAIS EN CONDICIÃ?NS ESPECIAIS

MAPFRE ASINA UN ACORDO CO CONSELLO REGULADOR D.O. RIBEIRA SACRA

06/05/2010

MAPFRE asinou un acordo co Consello Regulador Denominación de Orixe Ribeira Sacra (CRDORS), para ofrecer aos seus socios condicións especiais de contratación en seguros de Saúde, Fogar e Vida, así como para asegurar as adegas e comercios que forman parte deste organismo.

O acordo asinárono Pedro J. Carreño, Xerente de MAPFRE en Lugo e Ourense, e Jose Manuel Rodríguez, Presidente do Consello Regulador Denominación de Orixe Ribeira Sacra (CRDORS). Ao acto da firma, celebrado, na sede que dita entidade ten en Monforte de Lemos, asistiron, entre outros, membros da Rede MAPFRE, e representantes do CRDORS.

O Consello Regulador de Ribeira Sacra, composto por 2.811 viticultores e 94 adegas, é un dos máis representativos de España, polas características do seu territorio e a singularidade dos viños que se producen ao amparo da D.O. O seu obxectivo principal é garantir a orixe dos seus viños, asegurar a calidade dos mesmos e promocionalos ao amparo desta denominación de orixe.

Na provincia de Lugo, MAPFRE é líder de todos os ramos nos que opera. Dispón dun total de 40 oficinas e unha rede comercial formada por máis de 150 axentes e colaboradores. Actualmente ten máis de 64.000 clientes, cunha antigüidade media de 6 anos.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: