Imprimir y PDF

XVII Cata dos Viños da Ribeira Sacra

En busca dos mellores viños da D.O. Ribeira Sacra

26/05/2011

O Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra organiza a XVII Cata dos Viños de Ribeira Sacra, proceso que se divide en dúas partes, a cata de selección de hoxe e a cata final de mañá.

Hoxe seleccionáronse 22 mostras para a cata final que se desenvolverá mañá a partir das 11:30 no mesmo escenario de hoxe, o salón de conferencias do Centro do Viño.


O Panel de Cata desta edición fórmano 10 catadores:

? Antonio Raluy Rodríguez, membro da Asociación Galega de Catadores.
? Javier Rúa, membro Asociación de Sumilleres de Galicia Gallaecia.
? Juan Ángel Fernández Martínez, panel de cata C.R.D.O.R.S.
? José Antonio Portela Sánchez, Asociación Galega de Sumilleres.
? María Isabel Mijares y García Pelayo, experta en viticultura e enoloxía.
? Miguel Ángel de Gregorio, enólogo e propietario de Finca Allende.
? Bruno Kammerer, xornalista e experto en viticultura
? Susi Mistal Álvarez, sumiller de León.
? Jorge Mazaira Pérez, Director técnico C.R.D.O. Valdeorras.
? José María Martínez Alonso, similler, propietario viñoteca O Beiro.


Para os distintos procesos da cata, a cata de selección de hoxe e cata final de mañá, empréganse as fichas de cata recoñecidas polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. Para a puntuación de cada viño obtense a media das puntuacións individuais dadas polos catadores que compoñen o Panel de Cata, desprezando, previamente, as puntuacións extremas. En caso de empate calcúlase a mediana.

Iniciouse a cata cos viños brancos para terminar cos viños doutras añadas, igual procedemento seguirase mañá. Da cata de hoxe selecciónanse, para a cata final, como máximo 10 viños tintos, 6 na categoría de brancos e 6 na categoría de viños doutras añadas. Polo tanto, mañá a partir das 11:30 da mañá, no mesmo escenario, o panel de cata contará cun máximo de 22 mostras entre as que se escollerán os mellores viños da D.O. Ribeira Sacra nesta XVII edición da Cata dos Viños de Ribeira Sacra. Posteriormente celebrarase no Parador de Turismo de Monforte comida de confraternidade, previo ao xantar e no propio Parador, farase entrega dos premios.












CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.