A XVI edición da Cata dos Viños de Ribeira Sacra desenvolverase no salón de conferencias do Centro do Viño da Ribeira Sacra.
A precata do día 27 comezará ás 9:00 da mañá e a cata final do día 28 iniciarase ás 11:00 da mañá.
Das 66 mostras que, finalmente, participan nesta edición, 44 corresponden a tinto colleita 2009, preséntanse 13 na categoría de viños doutras añadas e 9 na categoría de brancos. As 66 mostras presentadas corresponden a 42 adegas.
Os premios aos mellores viños da D.O. entregaranse durante o xantar que terá lugar o día 28, a partir das 14:30, no Parador de Turismo de Monforte de Lemos.
Para as categorías â??Viños Tintosâ?� e â??Viños Brancosâ?� establécense, como premios, medalla de ouro, medalla de prata e medalla de bronce. Para os â??Viños doutras Añadasâ?� entréganse medallas de ouro, 1 se as mostras participantes son menos de 14, 2 medallas se o número de mostras é igual ou inferior a 20 e 3 medallas se as mostras participantes nesta categoría son máis de 20. Este ano as mostras en â??Viños doutras Añadasâ?� son 13 polo que se entregará unha única medalla de ouro.
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España