Imprimir y PDF

Os premios entregaranse o día 28 ao mediodía.

Os día 27 e 28 celébrase a XVI Cata dos Viños de Ribeira Sacra

26/05/2010

A XVI edición da Cata dos Viños de Ribeira Sacra desenvolverase no salón de conferencias do Centro do Viño da Ribeira Sacra.
A precata do día 27 comezará ás 9:00 da mañá e a cata final do día 28 iniciarase ás 11:00 da mañá.
Das 66 mostras que, finalmente, participan nesta edición, 44 corresponden a tinto colleita 2009, preséntanse 13 na categoría de viños doutras añadas e 9 na categoría de brancos. As 66 mostras presentadas corresponden a 42 adegas.

Os premios aos mellores viños da D.O. entregaranse durante o xantar que terá lugar o día 28, a partir das 14:30, no Parador de Turismo de Monforte de Lemos.

Para as categorías ??Viños Tintos? e ??Viños Brancos? establécense, como premios, medalla de ouro, medalla de prata e medalla de bronce. Para os ??Viños doutras Añadas? entréganse medallas de ouro, 1 se as mostras participantes son menos de 14, 2 medallas se o número de mostras é igual ou inferior a 20 e 3 medallas se as mostras participantes nesta categoría son máis de 20. Este ano as mostras en ??Viños doutras Añadas? son 13 polo que se entregará unha única medalla de ouro.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.