Imprimir y PDF

Teñen "terroir"

Premios aos mellores viños da D.O. Ribeira Sacra

28/05/2010

O Parador de Turismo de Monforte foi o escenario escollido para celebrar o xantar que daba o peche á XVI edición da cata dos viños da D.O. Ribeira Sacra. O acto era utilizado para entregar os premios aos viños que os 15 catadores, que conformaron o panel de cata, consideraron os mellores.

Na categoría debrancos presentáronse 9 viños e os premiados foron:
Terceiro premio: Almalarga de Pena das Donas S.L., subzona de Ribeiras do Miño.
Segundo premio: Peza do Rei de Adega Cachín S.C., subzona Ribeiras do Sil
Primeiro premio: Viña Vella de SAT Virxe dos Remedios, subzona Ribeiras do Miño


Na categoría de tintos presentáronse 44 mostras e os premiados foron:
Terceiro premio: Quinta de Albarado de As Oubenzas C.B., subzona de Chantada
Segundo premio: Veiga do Bacelo de Adegas Santa María de Nogueira S.L., subzona de Chantada
Primeiro premio: Regina Viarum de Regina Viarum S.L., subzona de Amandi.


Por terceiro ano consecutivo contábase cunha categoría máis, viños doutras añadas. Polo número de participantes, 13 mostras, concretouse un único premio que recaeu en:
Algueira mencía barrica 2007 de Adega Algueira S.L., subzona de Amandi.

O Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra, fiel ao seu ánimo de impulsar este territorio, utilizou como premios, pezas de olería de Gundivós (Sober), que foron entregando aos premiados, as autoridades presentes.

Os catadores do panel de cata destacaron a calidade dos viños da pasada colleita, a súa frescura e as peculiaridades que outorga ao viño, o que se denomina ??terroir?.

Luís Moreno Buj, colaborador revistas especializadas, Televisión de Valencia: ??A valoración dos viños é moi boa. Son viños moi ben estruturados e equilibrados. A min, particularmente, gústame que sobresaia a froita sobre a mineralidade, é o que valorei e houbo moitos exemplos disto. A D.O. ten moito de especial, é unha zona que ten a capacidade de transmitir aos viños o terruño e a cultura do viño que aquí hai. Os mencías de aquí encántanme.?

José Felicísimo Pereira Freijido, membro da Asociación Galega de Catadores: ??A impresión foi moi boa, son viños moi homoxéneos. Gústanme especialmente os tintos desta D.O. pola súa frescura e o sabor afroitado. Son viños especiais nos que se percibe todo, trasládase ao viño a calidade da uva, as características do terreo, a elaboración,??

José Manuel Martínez Juste, Presidente Asociación Galega de Enólogos: ??Atopeime viños de excelente calidade, con respecto aos premiados pódese dicir que son viños peculiares, son viños que teñen a capacidade de trasladar o terroir, o clima, a uva,... ao padal. Teñen un sinal persoal.?


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.