Imprimir y PDF

Próximas actividades da D.O.

Vinis Terrae e Aosta

04/06/2010

27 mostras da D.O. Ribeira Sacra participarán na XVIII edición do Concurso Internacional de Viños de Montaña de Aosta que se celebrará entre o 1 e o 3 de xullo.
Das mostras presentadas, 24 corresponden a viños tintos e 3 a viños brancos e representan a 19 adegas.

O certame de Aosta adoita dar moitas satisfaccións aos viños de Ribeira Sacra, do mesmo xeito que os Concursos de Viños Brancos e Viños Tintos Galegos que se celebran a mediados deste mes en Euskadi.

Ademais do apartado concursos, protagonista deste mes de xuño para a D.O. Ribeira Sacra é a feira Vinis Terrae. Entre o 7 e o 8 de xuño celébrase a III edición do Salón do Viño e Licores Galegos de Calidade. A actividade desenvólvese en Expourense e sigue consolidándose como un centro de negocios exclusivamente profesional que atrae a centos de profesionais do sector. Ademais de España, haberá representación de importadores de Alemaña, Austria, China, Colombia, Dinamarca, España, Guatemala, Holanda, Xapón, Malaisia, Perú, Polonia, Portugal, Reino Unido, Singapura, Suíza e Estados Unidos.

Dentro da programación desta III edición cabe destacar a presentación que a D.O. Ribeira Sacra fará o día 8 de xuño ás 11:00 da mañá para importadores, distribuidores e outros axentes interesados. O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, contará ademais con caseta propia, como nas anteriores edicións. A D.O. tamén se verá representada coa presenza de 5 adegas que acoden a nivel particular.

A actividade da D.O. complétase con presentacións da Denominación en ciclos de Hostalería. Unha técnico do Consello achegaba, hoxe, a D.O. a alumnos de Hostalería do IES As Pontes de A Coruña.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.