Imprimir y PDF

O día 25 de xuño en horario de mañá en Expolemos

Xornadas de Sensibilización en Servizos Turísticos

09/06/2010

Para mellorar os servizos turísticos Turgalicia organiza estas xornadas que viaxarán por toda a Comunidade Autónoma. A cita na comarca de Lemos será o día 25 de xuño en horario de 9:30 a 14:30, no Centro Comarcal Expolemos.

As xornadas están especialmente destinadas a: axencias de viaxes, albergues, aloxamentos rurais, artesáns, bares e cafeterías, adegas, campings, comercios, empresas de turismo activo, empresas de aluguer de vehículos, centros de interpretación, guías turísticos, hoteis e apartamentos turísticos, museos, oficinas de información turística, seguridade cidadán, restaurantes, servizos de limpeza, servizos turísticos de saúde, taxis, transporte,... e, en xeral, todos aqueles colectivos ou persoas individuais relacionados co turismo.

Co lema: ??Con pequenos xestos, entre todos podemos mellorar o noso?, as xornadas pretenden achegarse a cuestións como:
. o destino turístico, a importancia da satisfacción dos visitantes
. o turista actual, tipoloxía e necesidades
.as novas tecnoloxías nos servizos turísticos
.a atención ao cliente, técnicas de comunicación

O obxectivo principal desta actividade é facer de Galicia, entre todos, un destino turístico mellor, que a estancia do visitante nesta terra sexa unha experiencia única, sendo conscientes de que se o turismo gaña, gañamos todos.

Información>>>>>>


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: