Imprimir y PDF

2 viños de Ribeira Sacra premiados no III Concurso dos viños do Noroeste

Salimat, Euskadi e Catas

09/06/2010

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra pecha a súa participación en Vinis Terrae e prepárase para acudir a Salimat, Salón da Alimentación do Atlántico que se celebrará en Silleda entre o 10 e o 13 de xuño. Nesta 14 edición, Salimat pretende ser escaparate a nivel de internacionalización do sector, xeración de negocio, innovación e calidade alimentaria.

As seguintes citas da D.O. lévannos a Euskadi cos concursos de viños brancos e viños tintos galegos, que se celebran, respectivamente, nas fins de semana do 12 e 19 de xuño.
A D.O. presenta para estes concursos un total de 13 mostras, 10 de tinto e 3 brancos, pertencentes a 8 adegas.

Mentres, prepárase a cata da asociación Gallaecia, os viños da D.O. Ribeira Sacra teñen que inscribirse antes do 11 de xuño. O 18 de xuño ás 14:00 horas remata o prazo para presentar a inscrición noutro concurso, a XXII Cata dos Viños de Galicia. A sede do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra é o lugar de recepción de inscricións.

E quedan atrás outras citas como o III Concurso dos Viños do Noroeste, no que dous viños da D.O. Ribeira Sacra obtiveron premio, os dous pertencen á adega Regina Viarum da subzona de Amandi.

Na categoría "tintos envellecidos en madeira colleitas 2007 ou posteriores", dos 5 viños que recibiron medalla de ouro, soamentes un era galego e pertence á D.O. Ribeira Sacra: Regina Expresión 2007.

Na categoría "tintos novos monovarietal mencía" houbo dous premiados e un deles era desta D.O.: Regina Viarum 2009.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.