Imprimir y PDF

Participa tamén na Festa exaltación do pan de cea

A viticultura heroica de R.S. compite no certame internacional de Aosta

01/07/2010

Os viños da D.O. Ribeira Sacra competirán entre o 1 e o 3 de xullo con medio milleiro de viños máis, de distintos países do mundo, no Certame Internacional de Viños de Montaña de Aosta, Italia.

Nesta ocasión a D.O. presenta 27 mostras correspondentes a 19 adegas, 24 mostras son de viños tintos e 3 de viños brancos. Os premios entregaranse en setembro e os posibles destinatarios, de Ribeira Sacra, recibiranos en decembro, durante o xantar que, nestas datas, organiza o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra.

O concurso ten carácter anual e está dirixido exclusivamente a viños que se produzan en zonas de montaña ou que estean elaborados con uvas procedentes de zonas abruptas. O CERVIM, Centro de Investigación, Estudo, Salvagarda, Coordinación e Valorización da Viticultura de Montaña, organiza este concurso que pretende difundir e exaltar as características destes viños e trasladar os aspectos culturais relacionados con esta viticultura. Aquí danse cita os viños que nacen como resultado do que se coñece como viticultura heroica e a D.O. Ribeira Sacra acode cada ano como máximo expoñente deste tipo de viticultura en España.

Ademais de acudir a Aosta, a D.O Ribeira Sacra estará esta fin de semana na XVIII edición da Festa de exaltación do pan de Cea.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.