Imprimir y PDF

O 17 de xuño na Ribeira Sacra

O xornalista alemán,Jürgen Mathab, visitará adegas da D.O. Ribeira Sacra.

14/06/2010

Dende o IGAPE de Düsseldorf estase elaborando un dossier sobre viños galegos que se publicará na revista Weinwirtschaft, publicación para profesionais do sector, no mercado alemán. A publicación verá a luz o 19 de setembro e servirá para coñecer máis as D.O. galegas e como presentación dos nosos viños para a feira Prowein 2011. O encargado de achegarse a Galicia é Jürgen Mathab, un dos dous xornalistas alemáns especializados en viño español. Entre o 15 e o 19 estará nesta Comunidade Autónoma, adicando á D.O. Ribeira Sacra o día 17. O xornalista alemán visitará adegas da D.O. que xa teñen presencia no mercado alemán ou adegas con capacidade suficiente para exportación.

Os resultados da visita reflexaranse en Weinwirtschaft, unha das publicacións sectoriais adicadas ao viño más importantes de Alemaña. Os destinatarios da revista son profesionais do comercio, maioristas e importadores.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: