Imprimir y PDF

Premio Proxectos de Promoción Exterior da Provincia de Lugo

O Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra:

21/07/2010

A Fundación Cel (da Confederación de empresarios de Lugo) entregou onte, día 20 de xullo, a partir das 20:30 da tarde, no Clube de Campo, As Bridas de Lugo, os premios á iniciativa empresarial, actividade empresarial e promoción empresarial.

Nesta última categoría o premio céntrase en proxectos de promoción exterior da provincia de Lugo. Este premio recaeu de maneira conxunta no Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra e no Consorcio Turístico da Ribeira Sacra.

O premio pretende recoñecer e estimular o traballo de divulgación e promoción da provincia de Lugo, por medio da posta en marcha de estratexias de comercialización nacional o internacional, así como aqueles proxectos de promoción da provincia que destaquen as súas ventaxas e posibilidades económicas, culturais e turísticas.
Trátase, en definitiva, de premiar o traballo destas dúas entidades, en beneficio de toda a comarca, con repercusión en toda a provincia de Lugo.

O encargado de entregar o premio foi o Presidente da Xunta, Don Alberto Núñez Feijoó. Por parte do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra recolleu o premio o Presidente, Don José Manuel Rodríguez e por parte do Consorcio Turístico da Ribeira Sacra foi tamén o Presidente, Don Juan Carlos Armesto.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.