Imprimir y PDF

Don Ramón 2009, 2º premio

Entrega en Ribeira Sacra dos Premios Cata Tintos Galegos en Euskadi

28/07/2009

No Centro do Viño da Ribeira Sacra, onde ten a súa sede o Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra, celebrouse a entrega de premios da X Cata de Tintos Galegos en Euskadi.
José David Fidalgo, representante da organización da Cata (Irmandade de Centros Galegos en Euskadi), foi o encargado de entregar o premio que recibiu esta D.O., un segundo premio que recaeu no viño Don Ramón 2009 da adega Don Ramón S.L. (subzona Quiroga-Bibei).

José D. Fidalgo aseguraba que a organización desta Cata ten como obxectivo dar a coñecer os bos viños que se fan en Galicia. Pola súa banda, o Presidente do Consello Regulador, José Manuel Rodríguez, recordou, que desde o principio, a D.O. Ribeira Sacra colaborou con esta actividade para promocionar os viños en Euskadi e no ánimo de estar presente neste tipo de certames.
O representante da adega Don Ramón agradeceu o premio e desexou que a Denominación seguise cultivando éxitos nos concursos aos que se presenta.

A Cata levouse a cabo en xuño, coincidindo coa celebración do Día de Galicia en Euskadi, celebración que cumpría 25 anos e que contou coa asistencia do Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.