Imprimir y PDF

... os ??Excelencia Ribeira Sacra 2010?

A Asociación Galega de Catadores dá a coñecer...

11/08/2010

A Cata realizouse, en Ribeira Sacra, o pasado día 22 de xuño, contando coa colaboración do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra. Este tipo de catas son cegas, a botella tapada. Os catadores puntúan as distintas fases: visual, olfativa e en boca. Os viños que teñen entre 87 e 100 puntos valóranse como excelentes; entre 73 e 86 puntos como moi bos e entre 57 e 72 como bos.

Obtiveron a Excelencia 2010 (con máis de 90 puntos en todos o casos):

Viños Brancos:

Casa Moreiras Godello 09, Adegas Casa Moreiras (subzona Ribeiras do Miño)
Calexotes Godello 09, Edelmiro Domínguez González (subzona Chantada)
Regina Viarum Godello 09, Regina Viarum S.L. (subzona de Amandi)


Viños Tintos:

Marqués de Garoña 09, Adegas Viña Garoña S.L. (subzona de Chantada)
Peza Do Rei 09, Adega Cachín S.C. (subzona Ribeiras do Sil)
Cividade 09, José Ramón Verao Pérez (subzona de Amandi)
Condado De Sequeiras 06, Grupo Peago S.L. (subzona de Chantada)
Adega Vella 09, Jorge Feijoo González (subzona Ribeiras do Sil)
Viña Regueiral 09, José Rodríguez Prieto (subzona de Amandi)
Abadía Da Cova Ecolóxico 09, Adegas Moure S.A. (subzona Ribeiras do Miño)
Cruceiro 09, Ramón Marcos Fernández, (subzona de Amandi)
Don Bernardino 09, Emilio Rodríguez Díaz, (subzona de Amandi)
Don Bernardino barrica 07, Emilio Rodríguez Díaz (subzona de Amandi)
Quinta Alvarado 09, Adega As Oubenzas S.L. (subzona de Chantada)
Soutariz 09, Mª Isolina Moreiras Méndez (subzona de Chantada)

Este ano, por primeira vez, a asociación de sumilleres de Galicia, Gallaecia, e a Asociación Galega de Catadores acudiron de xeito conxunto a catar os viños das diferentes D.O. galegas, para os premios ??Excelencia 2010? que concede a A.G.C. e ??Distincións Galaecia 2010? que concede a Asociación de Catadoras. Na D.O. Ribeira Sacra 18 catadores de ámbalas dúas asociacións, divididos en dous paneis de cata, cataron un total de 61 mostras, 13 delas de branco, o resto tintos. Os catadores, ademais de valorar positivamente a evolución dos viños, destacaron a capacidade comercializadora da D.O. Aseguraba Luís Paadín, Presidente da Asociación Galega de Catadores, que a D.O. Ribeira Sacra conseguira que hostalería e consumidores apostasen polo noso.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.