O consello regulador da D.O. Ribeira Sacra comezou nesta semana os controis de maduración de cara a próxima vendima. Unha vendima na que, posiblemente, se recolla menos cantidade de uva que na pasada campaña. Despois de que os técnicos de CRDORS visitaran varias parcelas para os controis de maduración compróbase que o mildiu deste ano non afectou de maneira importante a estas parcelas. Esto pode traducirse en que, nos viñedos amparados pola D.O., o mildiu non tivo tanta incidencia como se esperaba.
O Presidente do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra, José Manuel RodrÃguez, insiste en que ésta é unha D.O. que cada ano fai un viño conforme á climatoloxÃa, â??uns anos hai máis viño, outros anos menos, uns anos é mellor outros peor, e ese é un dos atractivos destes viños. Cada ano un viño, unha experiencia, e eso sábeo o noso consumidor habitual e por eso se interesan polos nosos viñosâ?. A viticultura vai asociada directamente á climatoloxÃa. As D.O. vitivinÃcolas do mundo, non poden ser alleas ás condicións climáticas que padecen, pero a profesionalidade de adegueiros e viticultores e os avances que hai no sector fan que os posibles problemas derivados do clima se minimicen.
A estas alturas do ano lévase embotellado o 70% da produción do ano pasado, as ventas seguen sendo moi boas e o consumidor continúa confiando nos viños desta D.O. A colleita do pasado ano mantense nos mercados, mentres os técnicos do Consello Regulador analizan o que dará de sà a vindeira campaña a través dos controis de maduración que se efectúan en parcelas concretas das diferentes subzonas para obter un perfil xeral da uva da D.O. na vendima 2010 e establecer unha data aconsellada para o inicio da campaña.
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España