Imprimir y PDF

D.O. Ribeira Sacra= Denominación emerxente

A D.O. Ribeira Sacra volve traspasar fronteiras.

30/08/2010

Cada vez é máis habitual ver referencias aos viños da D.O. Ribeira Sacra na prensa internacional e o mellor é que son sempre referencias postivas. Antes de que termine o ano poderemos ler as reflexións, sobre estes viños e a zona, do xornalista alemán Jürgen Mathab na revista Weinwirtschaft, pero de xeito máis inmediato quedámonos cun artigo que se publicaba o pasado 8 de agosto no San Francisco Chronicle.

O editor das crónicas vitivinícolas para esta publicación, Jon Boné, asegura no seu artigo, que nun momento no que a industria do viño está de ??capa caída?, os viños españois viven un bo momento. No seu último percorrido por España quíxose centrar en pequenas D.O. que cualifica de emerxentes e, entre as que se atopa Ribeira Sacra. Elabora unha lista con varios viños entre os que temos unha representación de viños de Ribeira Sacra. A nivel xeral afirma que son viños refrescantes, minerais nos que se mestura o viñedo antigo (as cepas de moitos anos) coa moderna enoloxía creando, di, unha historia de éxito. Segundo Jon Boné, a D.O. Ribeira Sacra é unha Denominación emerxente que está a un paso de converterse en referente vitícola.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.