Imprimir y PDF

A X edición está marcada pola calidade dos viños tintos

A D.O. Ribeira Sacra obtén 8 "Distincións Gallaecia"

01/09/2010

Veñen de rematar en Silleda, as sesións de cata para a X edición das Distincións Gallaecia. Os premios están convocados pola Asociación de Sumilleres de Galicia ??Gallaecia? e están recoñecidos como Concurso Oficial polo Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Marino do Goberno de España.

Nesta ocasión os viños ??Distiguidos Gallaecia? son 44, dos que 16 son tintos. A D.O. Ribeira Sacra obtivo 8 ??Distinguidos Gallaecia?, para 7 tintos e 1 branco, levándose case a metade dos premios no apartado de tintos. Mercedes González, Presidenta de Gallaecia, aseguraba que os tintos destacaron sobremaneira, acadando, nalgúns casos, puntuacións superiores aos brancos.

Despois de catar nas distintas D.O. os viños que se tiñan presentado chegaban á cata final de Silleda 107 viños, para resultar galardonados 44.

Os premios para a D.O. Ribeira Sacra recaeron en:

Brancos

REGINA VIARUM 2009,
REGINA VIARUM S.L. (subzona de Amandi)

Tintos

CASA NOGUEDO 2009,
MARCOS FERNÁNDEZ, RAM?N (subzona de Amandi)
CONDADO DE SEQUEIRAS 2006, GRUPO PEAGO (subzona Chantada)
ESTRELA 2009, CARLOS DÍAZ DÍAZ (subzona de Amandi)
QUINTA DE ALVARADO 2009, AS OUBENZAS C.B. (subzona Chantada)
REGINA EXPRESI?N 2007, REGINA VIARUM S.L. (subzona de Amandi)
SAÍ?AS 2009, JAVIER FERNÁNDEZ GONZÁLEZ (subzona Ribeiras do Miño)
VI?A REGUEIRAL 2009, JOS? RODRÍGUEZ PRIETO (subzona de Amandi)

Na D.O. Ribeira Sacra os premios entregaranse o día 8 de setembro ás 10:00 no Centro do Viño da Ribeira Sacra.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.