A D.O. enfróntase á nova campaña de vendima, que está ás portas, apostando pola estabilidade. Representantes das adegas de maior produción da D.O. Ribeira Sacra mantiveron hoxe un almorzo de confraternidade. O obxectivo da xuntanza era abordar distintos temas de interese para a D.O., polo tanto foi cuestión obrigada a próxima vendima. A pesar dos problemas comerciais que, na actualidade, ten o sector, motivados, principalmente pola situación de crise económica, na D.O. Ribeira Sacra apostan por manter a liña con respecto á campaña anterior, tanto a nivel de prezos como na recollida de uva.
Da xuntanza participaron representantes de:
Rectoral de Amandi, Val de Quiroga, Regina Viarum, Ponte da Boga, AbadÃa de la Cova, Santa MarÃa de Nogueira, VÃa Romana e Dominio do Bibei; estivo presente tamén o Presidente do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra, José Manuel RodrÃguez.
As 8 adegas que estiveron na reunión representan o 80% da compra de uva na D.O., o feito de que haxa consenso entre todas para manter uns prezos estables fai pensar nunha campaña marcada pola tranquilidade neste apartado.
Mentres, os técnicos do Consello Regulador continúan cos controis de maduración nas parcelas definidas nas distintas subzonas. Os datos destes controis servirán de base para que, próximamente, o Consello estableza unha data recomendada para o inicio da vendima.
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España