Imprimir y PDF

...é a que máis ruido está facendoâ?

â??Ribeira Sacra é unha D.O. que sen facer moito ruido...

08/09/2010

A sede do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra acollía hoxe pola mañá a entrega dos diplomas correspondentes ás â??Distincións Gallaeciaâ? que entrega a Asociación de Sumilleres Gallaecia. Para o acto de entrega acudían a Presidenta de Gallaecia, Mercedes González; o Vicepresidente de Gallaecia, Luis Paadín e o Presidente do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez, ademáis dos representantes das adegas con viños premiados:

Brancos

REGINA VIARUM 2009,
REGINA VIARUM S.L. (subzona de Amandi)

Tintos

CASA NOGUEDO 2009,
MARCOS FERNÃNDEZ, RAMÃ?N (subzona de Amandi)CONDADO DE SEQUEIRAS 2006, GRUPO PEAGO (subzona Chantada)
ESTRELA 2009, CARLOS DÃAZ DÃAZ (subzona de Amandi)
QUINTA DE ALVARADO 2009, AS OUBENZAS C.B. (subzona Chantada)
REGINA EXPRESIÃ?N 2007, REGINA VIARUM S.L. (subzona de Amandi)
SAÃÃ?AS 2009, JAVIER FERNÃNDEZ GONZÃLEZ (subzona Ribeiras do Miño)
VIÃ?A REGUEIRAL 2009, JOSÃ? RODRÃGUEZ PRIETO (subzona de Amandi)

Nesta edición catáronse 397 viños de todas as D.O. galegas, correspondendo á D.O. Ribeira Sacra 61 viños, 13 brancos e 48 tintos, dos que pasaron á cata final 5 brancos e 17 tintos.

Destacaba a Presidenta de Gallaecia que Galicia fora coñecida, tradicionalmente, polos seus viños brancos, pero que, cada vez máis, os tintos estaban sendo referencia e que, nesta ocasión, moitos tintos superaran en puntación aos brancos. Apuntaba tamén que os brancos de Ribeira Sacra presentaban, cada ano, mellores resultados, conseguindo trasladar o carácter da zona. Mercedes González afirma â??Ribeira Sacra é unha D.O. que sen facer moito ruido é a que máis ruido está facendoâ?. Os viños premiados por Gallaecia para estas Distincións obtiveron todos máis de 80 puntos, polo que aseguraban, desde a Asociación, que son viños que poden obter premios en calquera certame. Agradecían do Consello Regulador da Ribeira Sacra, que sempre tiveran as portas abertas para a Asociación Gallaecia e apostaban pola defensa dos viños galegos, ao tempo que animaban a todos os adegueiros a â??facer sempre o viño desde o corazónâ?.

Luis Paadín resaltaba a gran participación de viños nas convocatorias da Asociación; a maior, dos certames que se desenvolven en Galicia, o que consideraba un aval ao traballo feito desde o comezo. Daba conta de que se envía, unha referencia de todos os viños galardonados como â??Distinguidos Gallaeciaâ?,
a 500 establecementos de España.

O Presidente do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra lembraba que o traballo da Asociación Gallaecia e o da D.O. Ribeira Sacra, comezaba case ao tempo, agradecía a promoción que fan dos viños galegos e asegurou que ese era o camiño â??apostar polos produtos nosos porque son produtos que poden competir en calquera sitioâ?.
Nos distintos certames e concursos que se celebran ao longo do ano, os viños premiados da D.O. Ribeira Sacra varían, esto servíalle a José Manuel Rodríguez para deixar constancia de que os viticultores e as adegas de Ribeira Sacra constitúen un grande equipo, no que unha veces gañan uns a outras outros, polo que animiu aos integrantes da D.O. a seguir traballando nesa liña. â?? Os nosos viños non son, soamente coñecidos, senón recoñecidos e o reto é seguir neste camiño, facendo bos viños e promocionándoos.â?


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.