Imprimir y PDF

XXII EDICI?N DA CATA DOS VI?OS DE GALICIA

TRIUNFO DA D.O. RIBEIRA SACRA

10/09/2010

A última hora da tarde de onte déronse a coñecer en Verín os premios da XXII edición da Cata dos Viños de Galicia, que organiza a Consellería do Medio Rural.

Dous dos premios con carácter autonómico recaeron sobre esta Denominación:

O mellor tinto de Galicia para Regina Viarum 2009 de Regina Viarum S.L.
Viño de Colleiteiro para Estrela de Carlos Díaz Díaz

Dentro da Denominación de Orixe Ribeira Sacra os premios recaeron en:

Acio de Bronce: Guímaro de Pedro Manuel Rodríguez Pérez
Acio de Prata: Cruceiro de Ramón Marcos Fernández
Acio de Ouro: Saíñas de Javier Fernández González

O 4º, 5º e 6º posto dentro dos viños da D.O. recaeu respectivamente en: Vía Romana de Adegas e Viñedos Vía Romana; Adega Barbado de Adega Tomás Rodríguez Fernández e Casa Moreiras de Casa Moreiras S.L.

Ademáis de premiar aos mellores viños de cada D.O., a Cata dos Viños de Galicia concede premio ao mellor tinto de Galicia, ao mellor branco e os premios a ??viño de colleiteiro?

Segundo as bases de cata para o premio no grupo Viños de Colleiteiro, seleccionouse ao mellor viño de colleiteiro de todas as D.O. No caso do mellor tinto de Galicia e do mellor branco faise unha cata final entre os mellor puntuados en cada denominación, seleccionando ao mellor e quedando excluido de obter premio dentro do apartado de D.O.

Recompensa ao traballo feito, débese seguir nesta liña, apunta o Presidente do Consello Regulador, José Manuel Rodríguez, que estivo presente no acto de Verín, amosando a súa satisfacción polos logros acadados nun ano no que a Denominación obtivo excelentes resultados alá onde foi. (Aosta, Excelencia 2010, Distincións Gallaecia, Cata dos Viños de Galicia,?.)


O acto de entrega de premios estivo presidido polo Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo e contou a presencia do Conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez Casado.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: