Imprimir y PDF

Oportunidades co extranxeiro

Entre o afastado oriente e a vendima.

12/09/2010

O vindeiro mércores día 15 de setembro a partir das 19:00 celebrarase no salón de actos do Centro do Viño da Ribeira Sacra unha xuntanza á que están convocados todos os adegueiros da D.O. O obxectivo da cita é abordar cuestións relacionadas coa inmediata campaña de vendima, como as normas a ter en conta para a recollida, traslado e depósito da uva en adega. Tamén na vindeira semana o pleno do Consello Regulador reunirase para establecer unha data aconsellada para o inicio da vendima.

E o día 16 desenvolverase na Ribeira Sacra unha actividade organizada pola Cámara de Comercio de Lugo, trátase dunha misión comercial de Xapón. O xoves, acudirán á D.O. Ribeira Sacra unha decena de xornalistas xaponeses, representantes, entre outras publicacións de: CHIYOKO GOURMET JOURNAL (REVISTA PARA COCI?EIROS PROFESIONAIS E RESTAURANTES), NIHON SHOKURGO SIMBUN (XORNAL PARA MAIORISTAS DO SECTOR DE LICORES E ALIMENTOS), COUSINE KINGDOM (REVISTA SECTOR GASTRONOMÍA), A REVISTA SINCHO-SHA OU A AXENCIA DE VIAXES CRUISE YUKATA CLUB. A delegación japonesa estará na Ribeira Sacra desde o día 15 pola tarde, visitarán varios lugares de interese e algunha adega, para o día 16, a partir das 12:15 da mañá achegarse ao Centro do Viño e participar dunha cata comentada.

As adegas interesadas en participar deben de entregar na sede do Consello Regullador, antes do 14 de setembro, tres botellas de viño da marca que desexen, podendo acudir con cantas marcas consideren.

Outro apunte máis relacionado coas posibilidades de exportación das adegas de Ribeira Sacra achega á Denominación ata Bélxica onde, coa financiación do ICEX, se prepara unha Guía Multimedia de Compra de viños de España en Bélxica. Esta guía está dirixida ao consumidor final e nela aparecerá: perfil da adega, viños que teña no mercado belga, importadores e puntos de venda neste país. As adegas interesadas deben de inscribirse antes do 30 de setembro. Na web do Conselo Regulador poden obter máis información. 







CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: