Imprimir y PDF

Data recomendada polo Consello para iniciar os traballos de vendima.

22 de setembro

15/09/2010

O pleno do C.R.D.O.R.S. vense de reunir a última hora da tarde de onte (14-09-2010) para propor unha data recomendada para o inicio da campaña de vendima na Denominación. Tendo como base os datos dos controis de maduración que os técnicos do Consello veñen realizando desde finais do pasado mes, determinouse que a data aconsellada para o inicio da vendima fora o 22 de setembro. A data é similar á da campaña do 2008 e supón case unha semana de retraso con respecto ao ano pasado.

Nesta campaña elaborarán viño ao amparo da D.O. 93 adegas e encargaranse de vixiar o proceso 16 veedores, ademáis dos técnicos propios do C.R.D.O.R.S. e da Directora Técnica do Consello.

Independientemente da data recomendada polo Consello, algunas adegas comezaron xa, nestes días, a pedir permisos puntuais para iniciar los traballos. Quiroga-Bibei, Amandi e Chantada son as encargadas de abrir a vendima na D.O.

A día 14 de setembro 8 adegas teñen comezado a vendima.
Lévase recollido por variedades: mencía-16.461 quilos; garnacha tintorera-400 quilos; albariño-1.706 quilos; godello-8.636 quilos. Total: 27.203


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.