O Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra pechaba a xornada do dÃa 15 cunha xuntanza entre o Presidente do Consello, José Manuel RodrÃguez, e os adegueiros que traballan ao amparo da D.O. O obxectivo: informarlles sobre unha serie de normas a ter en conta para esta campaña.
Deuse conta de que a data recomendada para o inicio da vendima era o 22 de setembro; que os adegueiros reciben desde o Consello unha carta cun modelo de documento para solicitar o comezo da vendima, documento que teñen que remitir de novo ao Consello cun par de dÃas de antelación con respecto ao inicio dos traballos; a obrigatoriedade de separar variedades e de utilizar caixas para o transporte da uva; que os viños que se poderán etiquetar como súmmum teñen que levar, como mÃnimo, un 85% de variedades preferentes e que soamente poderán facer referencia á variedade os que teñan un mÃnimo do 85% desa variedade,â?¦. Información por parte do Consello e plantexamento de dúbidas, antes de encarar a vendima, por parte dos adegueiros.
Esto, nunha xornada na que os datos de recollida de uva amparada pola D.O. eran os seguintes: con 9 adegas abertas lévase recollido a 15 de setembro un total de 51.649 quilos de uva; 30.979 de mencÃa, 400 de garnacha tintorera, 200 de mouratón, 302 de tempranillo, 6.034 de albariño, e 13.734 de godello.
E hoxe ademáis de seguir cos traballos de vendima, a D.O. recibÃa a visita dun grupo de xornalistas xaponeses especializados en viño, turismo e gastronomÃa. Despois de coñecer as instalacións do Centro do Viño, tiveron a posibilidade de catar unha mostra de viños da Denominación, 15 viños en total, 4 de branco, 3 de barrica tintos e o resto tintos do 2009.
A actividade organizada polas Cámaras de Comercio de Lugo e VilagarcÃa co apoio do Feader tiña como obxectivo que este grupo de xornalistas coñecesen algo máis de Galicia. Aseguraban que estaban disfrutando e que estaban moi impresionados coa Ribeira Sacra.
Megumi Nishida da revista Cuisine Kingdom contaba que xa coñecera os viños da Ribeira Sacra en Xapón e que lle parecÃan uns viños auténticos, elaborados con uvas autóctonas, â??viños frescos, afroitados, amables e moi fáciles de combinar con calquera alimentoâ?.
Explicaba que en Xapón, ata o momento, se coñecÃan os viños doutras rexións de España, pero que hai un par de anos empezaran a poñerse de moda os viños da Ribeira Sacra. A comercialización destes viños funciona no paÃs nipón e cada vez máis, os importadores traballan estes viños. â??Ahora fÃxanse moito nos viños que se fan en Ribeira Sacraâ?, di Megumi Nishida, que asegura que o interese por esta Denominación non ten que ver coas â??puntuacións Parkerâ? que teñen recibido viños desta D.O.
Ademáis dos viños de Ribeira Sacra que outros viños galegos se coñecen en Xapón? Albariño, afirma a xornalista Nishida, referÃndose á D.O. RÃas Baixas.
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España