Imprimir y PDF

Megumi Nishida da revista Cuisine Kingdom

â??Ahora fíxanse moito nos viños que se fan en Ribeira Sacraâ?

16/09/2010

O Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra pechaba a xornada do día 15 cunha xuntanza entre o Presidente do Consello, José Manuel Rodríguez, e os adegueiros que traballan ao amparo da D.O. O obxectivo: informarlles sobre unha serie de normas a ter en conta para esta campaña.

Deuse conta de que a data recomendada para o inicio da vendima era o 22 de setembro; que os adegueiros reciben desde o Consello unha carta cun modelo de documento para solicitar o comezo da vendima, documento que teñen que remitir de novo ao Consello cun par de días de antelación con respecto ao inicio dos traballos; a obrigatoriedade de separar variedades e de utilizar caixas para o transporte da uva; que os viños que se poderán etiquetar como súmmum teñen que levar, como mínimo, un 85% de variedades preferentes e que soamente poderán facer referencia á variedade os que teñan un mínimo do 85% desa variedade,�. Información por parte do Consello e plantexamento de dúbidas, antes de encarar a vendima, por parte dos adegueiros.

Esto, nunha xornada na que os datos de recollida de uva amparada pola D.O. eran os seguintes: con 9 adegas abertas lévase recollido a 15 de setembro un total de 51.649 quilos de uva; 30.979 de mencía, 400 de garnacha tintorera, 200 de mouratón, 302 de tempranillo, 6.034 de albariño, e 13.734 de godello.

E hoxe ademáis de seguir cos traballos de vendima, a D.O. recibía a visita dun grupo de xornalistas xaponeses especializados en viño, turismo e gastronomía. Despois de coñecer as instalacións do Centro do Viño, tiveron a posibilidade de catar unha mostra de viños da Denominación, 15 viños en total, 4 de branco, 3 de barrica tintos e o resto tintos do 2009.

A actividade organizada polas Cámaras de Comercio de Lugo e Vilagarcía co apoio do Feader tiña como obxectivo que este grupo de xornalistas coñecesen algo máis de Galicia. Aseguraban que estaban disfrutando e que estaban moi impresionados coa Ribeira Sacra.

Megumi Nishida da revista Cuisine Kingdom contaba que xa coñecera os viños da Ribeira Sacra en Xapón e que lle parecían uns viños auténticos, elaborados con uvas autóctonas, â??viños frescos, afroitados, amables e moi fáciles de combinar con calquera alimentoâ?.

Explicaba que en Xapón, ata o momento, se coñecían os viños doutras rexións de España, pero que hai un par de anos empezaran a poñerse de moda os viños da Ribeira Sacra. A comercialización destes viños funciona no país nipón e cada vez máis, os importadores traballan estes viños. â??Ahora fíxanse moito nos viños que se fan en Ribeira Sacraâ?, di Megumi Nishida, que asegura que o interese por esta Denominación non ten que ver coas â??puntuacións Parkerâ? que teñen recibido viños desta D.O.

Ademáis dos viños de Ribeira Sacra que outros viños galegos se coñecen en Xapón? Albariño, afirma a xornalista Nishida, referíndose á D.O. Rías Baixas.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.