O Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra pechaba a xornada do día 15 cunha xuntanza entre o Presidente do Consello, José Manuel Rodríguez, e os adegueiros que traballan ao amparo da D.O. O obxectivo: informarlles sobre unha serie de normas a ter en conta para esta campaña.
Deuse conta de que a data recomendada para o inicio da vendima era o 22 de setembro; que os adegueiros reciben desde o Consello unha carta cun modelo de documento para solicitar o comezo da vendima, documento que teñen que remitir de novo ao Consello cun par de días de antelación con respecto ao inicio dos traballos; a obrigatoriedade de separar variedades e de utilizar caixas para o transporte da uva; que os viños que se poderán etiquetar como súmmum teñen que levar, como mínimo, un 85% de variedades preferentes e que soamente poderán facer referencia á variedade os que teñan un mínimo do 85% desa variedade,â?¦. Información por parte do Consello e plantexamento de dúbidas, antes de encarar a vendima, por parte dos adegueiros.
Esto, nunha xornada na que os datos de recollida de uva amparada pola D.O. eran os seguintes: con 9 adegas abertas lévase recollido a 15 de setembro un total de 51.649 quilos de uva; 30.979 de mencía, 400 de garnacha tintorera, 200 de mouratón, 302 de tempranillo, 6.034 de albariño, e 13.734 de godello.
E hoxe ademáis de seguir cos traballos de vendima, a D.O. recibía a visita dun grupo de xornalistas xaponeses especializados en viño, turismo e gastronomía. Despois de coñecer as instalacións do Centro do Viño, tiveron a posibilidade de catar unha mostra de viños da Denominación, 15 viños en total, 4 de branco, 3 de barrica tintos e o resto tintos do 2009.
A actividade organizada polas Cámaras de Comercio de Lugo e Vilagarcía co apoio do Feader tiña como obxectivo que este grupo de xornalistas coñecesen algo máis de Galicia. Aseguraban que estaban disfrutando e que estaban moi impresionados coa Ribeira Sacra.
Megumi Nishida da revista Cuisine Kingdom contaba que xa coñecera os viños da Ribeira Sacra en Xapón e que lle parecían uns viños auténticos, elaborados con uvas autóctonas, â??viños frescos, afroitados, amables e moi fáciles de combinar con calquera alimentoâ?�.
Explicaba que en Xapón, ata o momento, se coñecían os viños doutras rexións de España, pero que hai un par de anos empezaran a poñerse de moda os viños da Ribeira Sacra. A comercialización destes viños funciona no país nipón e cada vez máis, os importadores traballan estes viños. â??Ahora fíxanse moito nos viños que se fan en Ribeira Sacraâ?�, di Megumi Nishida, que asegura que o interese por esta Denominación non ten que ver coas â??puntuacións Parkerâ?� que teñen recibido viños desta D.O.
Ademáis dos viños de Ribeira Sacra que outros viños galegos se coñecen en Xapón? Albariño, afirma a xornalista Nishida, referíndose á D.O. Rías Baixas.
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España