Imprimir y PDF

Máis dun millón de quilos de mencía despois da primeira fin de vendima

Datos vendima 2010

27/09/2010

Despois da primeira fin de semana de vendima na D.O. Ribeira Sacra lévanse recollido máis dun millón de quilos de uva, concretamente 1.298.623 a data 26 de setembro. As cantidades de uva recollida por variedades son:

Mencía: 1.027.149
Brancellao: 1.122
Merenzao: 12.420
Caíño: 1.229
Garnacha tintorera: 50.833
Mouratón: 1.244
Sousón: 410
Tempranillo: 4.545
Albariño: 42.773
Dona branca: 2.601
Godello: 135.243
Loureira: 831
Torrontés: 3.397
Treixadura: 15.626

Con data 26 de setembro, 67 adegas están abertas e 20 aínda non abriron. Despois de 4 días da data recomendada polo Consello Regulador para o inicio dos traballos, precisamente 4 adegas deron por rematada a vendima.

A climatoloxía colaborou no desenvolvemento dos traballos e desde este punto de vista as previsións para os vindeiros días son boas. Previsiblemente o groso dos traballos na Denominación lévase a cabo desde o pasado día 25 ata o vindeiro día 3.
A calidade da uva e o seu estado sanitario están sendo moi bos.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.