Imprimir y PDF

Máis de 5.100.000 quilos de uva recollidos

Vendima 2010

08/10/2010

A día 7 de outubro na D.O. Ribeira Sacra recolléronse 5.148.897 quilos de uva amparada pola Denominación.
As cantidades de uva por variedades son:
Mencía: 4.481.734
Brancellao: 7.208
Merenzao: 19.940
Caíño: 1.499
Garnacha Tintorera: 318.020
Mouratón: 2.406
Sousón: 2.282
Tempranillo: 41.215
Albariño: 46.211
Dona Branca: 5.181
Godello: 181.933
Loureira: 990
Torrontés: 3.397
Treixadura: 30.881
TOTAL: 5.148.897

Con data 7 de outubro seguen abertas 36 adegas e 54 deron por finalizados os traballos. Nesta fin de semana completarán a vendima o groso das adegas abertas, aínda que, puntualmente, algunha poida prolongar a actividade ata a vindeira semana.

Os máis de cinco millóns de quilos recollidos ata o momento achéganse a campañas como 05-06 (5.319.000), 06-07 (5.220.000) ou 08-09 con 5.276.000. Estas 3 campañas foron as de maior produción amparada pola D.O. desde a súa posta en marcha e as únicas tres campañas nas que se superou a barreira dos cinco millóns de quilos. Coas cifras oficiais de uva recollida ata o momento non se descarta superar os datos da campaña 05-06.

Estas cifras supoñen unha excelente nova para toda a Denominación: cubrirase mellor a demanda de viños de Ribeira Sacra e queda constancia de que viticultores e adegueiros souberon reaccionar ben ás ameazas que o viñedo puido ter neste ano. Ademáis da progresiva profesionalización do sector, puntualmente, tamén se deu un lixeiro cambio no destino da uva, algunha da uva que en anos anteriores se destinaba ao autoconsumo, pasa, nesta ocasión, a estar controlada polo Consello.

Tras rematar a vendimia do pasado ano, arroxando a cifra de máis de 5.200.000 quilos e unha excelente calidade do froito, o Presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe, José Manuel Rodríguez, aseguraba: ??Hoxe xa non é unha utopía pensar que a Denominación pode chegar aos 8 ou 10 millóns de quilos?. Na pasada campaña todo veu de cara e a climatoloxía foi unha perfecta aliada para que os datos fosen positivos. Este ano, todo o contrario, a climatoloxía non axudou en ningún momento nos últimos meses e, a pesar, de que as circunstancias estaban en contra, a calidade e cantidade de uva están sendo excelentes. Cada vez é menos utópico pensar que nun curto prazo de tempo, a Denominación chegará a eses 8 millóns de quilos.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: