Imprimir y PDF

Próximos cursos

A campaña de maior cantidade de uva na D.O. Ribeira Sacra

18/10/2010

A día 16 de outubro os datos de recollida de uva amparada pola D.O. Ribeira Sacra son:

Mencía: 4.921.870
Brancellao: 9.608
Merenzao: 20.030
Caíño: 2.699
Garnacha Tintorera: 335.692
Mouratón: 2.606
Sousón: 3.669
Tempranillo: 48.112
Albariño: 46.528
Dona Branca: 5.181
Godello: 182.829
Loureira: 990
Torrontés: 3.397
Treixadura: 30.881
Total: 5.614.092

Estes son os datos provisionais de vendima por este ano, á espera de que o pleno do Consello Regulador aprobe, a comezos do ano que vén, as cifras oficiais e definitivas.

Terminada a vendima, viticultores e adegueiros teñen á súa disposición cursos relacionados co sector que poden ser do seu interese. Por unha banda a EVEGA organiza en Monforte de Lemos, no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal un curso sobre a elaboración de tintos de crianza con castes autóctonas galegas. A actividade desenvolverase o día 25 deste mes. Xa no próximo mes, entre o 9 e o 12 de novembro, o Ibader, Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural, organiza na Casa da Cultura de Monforte, un curso que leva por título ??Home, Auga e Paisaxe na Ribeira Sacra?. O curso é gratuíto, pero, para participar, é necesario inscribirse antes do 7 de novembro.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.