Imprimir y PDF

...se convertise nun dos mellores.

Entre todos conseguiuse, que o que parecía ía ser mal ano,...

27/10/2010

A D.O. Ribeira Sacra recolleu nesta campaña 5.614.092 quilos de uva, a maior cantidade desde que a Denominación se puxo en marcha. Ademáis da cantidade cabe destacar a excelente calidade da uva. Durante a vendima, no laboratorio do Consello, analízanse 410 mostras de mostos que os veedores recollen nas adegas acollidas á D.O. Esas probas de laboratorio determinan o grao, que nesta campaña deu lugar a excelentes resultados.

Desde o Consello Regulador a valoración da campaña é, necesariamente, positiva a todos os niveis. Lembra o Presidente do Consello Regulador, José Manuel Rodríguez, que en Ribeira Sacra 2/3 da produción se destinan a autoconsumo e que xa se anunciara ao comezo da campaña que parte desa produción podía pasar ao mercado, como de feito aconteceu. A esto sumouse o excelente traballo de adegueiros e viticultores que están dentro da Denominación. Entre todos conseguiuse que o que parecía ía ser mal ano, se convertise nun dos mellores.

As semanas previas ao inicio da vendima empezáronse a erguer sospeitas sobre unha posible baixada na colleita por un ataque forte de mildium, debido, principalmente á climatoloxía. ??Esto aconteceu porque a vedima é coma un parto?, di José Manuel Rodríguez, ..?a xente sempre se pon nerviosa, independientemente da cantidade que se prevé recoller, é normal que haxa tensión derivada de querer facer as cousas ben?

Na D.O. Ribeira Sacra poderíase non volver a baixar dos 5 millóns de quilos de uva. ??Con esto quero decir que se as cousas suceden normalmente debería de seguirse nesta liña, pero depende das inclemencias naturais, xa non tanto das enfermidades da cepa, senón de feitos materiais? di José Manuel Rodríguez.

Chegar aos 8 millóns de quilos co tempo? Por que non? Segundo o Presidente do Consello Regulador, a Denominación está medrando paso a paso, pouco a pouco e, previsiblemente, seguirá unha tónica ascendente, a lo menos durante uns anos.



Nesta ocasión un dos factores que influiu no aumento da produción foi que parte da uva dedicada a autoconsumo se destinou ao mercado, non sabemos se seguirá pasando esto no futuro. Apunta José Manuel Rodríguez: ??Ribeira Sacra é una Denominación atípica, na que a paisaxe xoga un papel fundamental, por eso é moi importante que se cultive viñedo e debe de seguirse cultivando, pero o destino da uva dependerá de cada quen, non vai ser o Consello quen interfira neste punto.?

A pesares do aumento sustancial da colleita, esta cantidade segue sen cubrir o 100% da demanda que teñen os viños da Ribeira Sacra. Os clientes seguen sendo fieis e aparecen outros novos, pouco a pouco a Denominación ten que ir aumentando a produción dentro das súas posibilidades para chegar a toda a demanda que teñen os seus viños. Nesa liña se traballa e desde o Consello agradecen a profesionalidade e esforzo de cada integrante da Denominación polos resultados que se están obtendo cada día. Estase preparando xa o próximo viño, mentres que a estas alturas está vendido case o 90% do da pasada colleita.





CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.