Belarmino Fernández Iglesias, nace en Rosende, Sober (Ribeira Sacra) en 1931. Con 20 anos emigra a Brasil, concretamente a São Paulo. Alà pon en marcha os restaurantes Rubaiyat, estendéndose, posteriormente, a Arxentina e España. Na súa localidade natal pon en marcha a Fundación Belarmino Fernández Iglesias que xestiona a Escola de HostalerÃa Belarmino Fernández Iglesias. Amante da súa terra, o empresario soberino volve a Ribeira Sacra sempre que ten oportunidade, aÃnda que durante o inverno galego prefire o clima de Brasil. Home de mundo, asegura que nunca viu festexar as cousas como en Galicia, onde por todo se fai unha festa.
Como recorda os primeiros anos en Brasil?
DurÃsimos, e padecendo o que se chama â??morriñaâ? que só os galegos entendemos. Se nos primeiros anos tivese a man algún diñeiro volverÃame a Galicia sen pensalo, pero non o fixen porque economicamente non podÃa e non querÃa regresar como un fracasado.
Cando se foi a Brasil como quedaba en Ribeira sacra o sector do viño?
Entón todo o mundo cultivaba viño e practicamente todo era para autoconsumo e se, puntualmente, alguén non o consumÃa, vendÃao ou vendÃa o que lle sobraba. Entón non habÃa Denominación.
Que lle parece o que é hoxe a D.O. Ribeira Sacra?
AsistÃn ao nacemento da Denominación. Desde que naceu a Denominación ata hoxe a evolución foi enorme. Antes os viños de aquà non se coñecÃan, case nin en Galicia. Hoxe coñécense en, practicamente, todo o mundo e moitos teñen excelentes puntuacións dadas polos gurús do viño como Robert Parker.
Hai viños da Denominación no mercado de Brasil, óese falar alà de Ribeira Sacra?
Alà coñécense os viños máis famosos de Rioja, Ribera del Duero ou do Priorato. Fai uns anos trouxen a Galicia a xente de Brasil relacionada co mundo do viño, probaron os tintos de Ribeira Sacra e os brancos de RÃas Baixas. Encantáronlles os nosos viños, outra cousa é comercializar os nosos viños alÃ. O motivo, o prezo, polas condicións das viñas, os nosos viños ven incrementado o seu prezo e a xente adoita tender a prezos máis baratos que poden ofrecer unha boa calidade. En todo caso os viños de aquà teñen que seguir dándose a coñecer e facerlles máis promoción nalgúns paÃses estranxeiros.
Teñen algo de diferente os viños de Ribeira Sacra?
Eu creo que o que os fai especiais é a uva, a mencÃa. Creo que teñen un clima e un terroir diferentes, e pode ser que, en ocasións, iso lle de a uva certa acidez, pero entendo que este punto se está corrixindo.
Belarmino Fernández elabora viño con uvas desta terra, cando bebe ese viño en Brasil,� recórdalle a Galicia?
Recordo os dÃas de vendima que para min eran durÃsimos porque me tocaba â??carretarâ? os cestos. Antes a vendima facÃase en cestos, non habÃa caixas para o transporte e case non habÃa camiños,â?¦ era unha escravitude subir esas uvasâ?¦. Pero a vendima tamén era unha festa, tiña un carácter lúdico incrible. Viaxei moito e nunca vÃn festexar tanto as cousas como en Galicia. AquÃ, de todo se fai unha festa.
Como vendemos esta zona, que dicimos de Ribeira Sacra?
O propio nome xa cho di todo, ten eses conventos, esas ermidas, as capelas,...e o viño. Con ese nome e o que ten por ofrecer case se vende soa, pero desde o punto de vista turÃstico deberÃase de vender mellor, queda moitÃsimo traballo a nivel turÃstico.
E o viño, que dirÃa del?
O viño xa está vendido, polo que teño entendido véndese todo o viño de cada campaña. Iso é bo, pero sempre hai que seguir traballando, hai que esforzarse por facer mellores viños. Hoxe as adegas teñen enólogos, antes non habÃa nada diso, só uns atrevidos que inventaban cousas. Creo que a palabra enólogo empezouse a oÃr con frecuencia en Ribeira Sacra cando naceu a Denominación.
A paisaxe de Ribeira Sacra axuda a vender o viño?
A Ribeira Sacra é preciosa, a paisaxe é unha marabilla, pero para vender un viño o máis importante é a calidade, se o viño non ten calidade non se vende. Doutra banda se o viño ten calidade, o espazo no que se cultivan as cepas pode resultar un atractivo máis, pero sempre empezando pola calidade.
Ribeira Sacra. Cando empezou a escoitar esas dúas palabras asociadas a esta terra?
Creo que co tema do viño, co nacemento da Denominación. Antes vivÃa en Ribeira Sacra e eu non sabÃa que este lugar recibÃa este nome, como eu, creo que moita outra xente.
Ademais de â??crearâ? o nome Ribeira Sacra, que papel ten hoxe o viño na zona?
Creo que o viño move isto, é a única industria, practicamente. O sector do viño é unha alternativa para os mozos. Dáte conta de que eu veño dunha época na que o paisano o único que querÃa era que o seu fillo fose funcionario público e se fose do pobo, hoxe moitos dos mozos quedan aquà porque teñen a opción laboral que lles dá o viño. O viño é fundamental en Ribeira Sacra, aÃnda que antes non fose unha industria, un sector económico como é agora, sempre foi básico para a xente. Ãas a unha cantina, igual que ocorre agora e os veciños estaban co seu vaso de viño na man. Nas casas á hora de sentar á mesa sempre habÃa unha xarra de viño, era parte fundamental da mesa. Ese é o papel que sempre xogou o viño en Ribeira Sacra. Agora ocorre algo parecido pero desde un punto de vista profesional.
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España