Imprimir y PDF

Normas etiquetado alimentación en EEUU

12/11/2010

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra quere facer pública, entre as adegas que exportan a EEUU, a normativa de etiquetaxe deste país para os alimentos.

En liñas xerais necesítanse dous tipos de etiquetaxe obrigatoria:

1.- A etiquetaxe xeral debe de incluír:
. Nome
. Contido neto no sistema métrico decimal e o anglosaxón, colocarase no terzo inferior da etiqueta principal.
. Nome e dirección do fabricante, envasador ou distribuidor.
. País de orixe en inglés, de xeito visible e permanente, baixo risco de taxas adicionais se non se fai así.
. Ingredientes e posible presenza de alérxenos do produto

O formato da etiqueta será variable segundo tamaño e forma do envase.

2.- A etiquetaxe nutricional axústase a normas moi estritas sobre o formato de etiqueta:
. A información nutricional debe incluírse na etiqueta informativa, no primeiro espazo dispoñible á dereita da etiqueta principal, ou nunha etiqueta claramente visible.
. Debe incluír como título ??Nutrition Facts?, e formar un único bloque que inclúa o contido dietético obrigatorio completo máis outros nutrintes de forma voluntaria.
. Debe indicarse o número de racións contidas no envase.
. A cantidade de nutrintes debe indicarse xunto ao ??Valor Diario de Referencia? (Daily Reference Value) indicado polos servizos de saúde estadounidenses, e a porcentaxe que representa sobre cada un dos macronutrintes.
. As empresas pequenas con facturación total inferior a 500.000 dólares,ou 50.000 dólares de facturación en alimentación, así como aquelas con menos de 100 empregados ou que producen menos de 100.000 unidades/ano, están exentas desta obrigación salvo que a súa etiqueta inclúa algunha mensaxe publicitaria sobre saúde ou nutrición.
. A declaración de ingredientes debe incluír todos os que compoñen o alimento en orde decrecente de peso dentro do mesmo, incluíndo os colorantes, conservantes,?
. O nome e dirección do fabricante, envasador ou distribuidor debe incluírse nunha das dúas etiquetas, e incluír nome, rúa, número, municipio, provincia e código postal, xunto ao país de orixe do produto se os datos non son os do fabricante.

Rógase desde o Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra que as adegas que exporten a EEUU teñan en conta este aspecto. Poden consultar requisitos e obrigacións, de xeito máis detallado, no espazo ??Lexislación e subvencións? desta web.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.