Imprimir y PDF

Día 10 de decembro no Parador de Turismo de Monforte

A entrega dos premios de Aosta pecha o ano na D.O. Ribeira Sacra

09/12/2010

Este venres día 10 de decembro o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra celebra o seu tradicional xantar de Nadal, cita que se aproveita para entregar aos seus destinatarios os premios da XVIII edición do Certame Internacional de Viños de Montaña de Aosta.

O xantar celebrarase a partir das 14:30 no Parador de Turismo de Monforte de Lemos coa asistencia de representantes do Consello Regulador e de autoridades políticas a nivel local, provincial e autonómico.

A xornada aproveitarase para facer balance do ano, un ano no que destaca o aumento da produción na pasada vendima, pero sobre todo, servirá para felicitar aos triunfadores no Certame Internacional de Viños de Montaña de Aosta. Neste concurso danse cita os viños de todo o mundo producidos en terreos con forte pendente e a D.O. Ribeira Sacra obtén sempre excelentes resultados. Este ano superáronse as expectativas obtendo ata 13 galardóns. Mañá entregaranse os seguintes premios:

10 medallas de ouro para:

Regina Viarum 2009
de Regina Viarum S.L. (subzona de Amandi)
Portelo 2009 de Terras de Líncora S.C.(subzona de Chantada)
Almalarga 2009 de Pena das Donas S.L. (subzona de Ribeiras do Miño)
Viña Regueiral 2009 de José Rodríguez Prieto (subzona de Amandi)
S.A.T. Virxe dos Remedios (subzona Ribeiras do Miño)
Don Bernardino 2009 de Emilio Rodríguez Díaz (subzona de Amandi)
Cardenal Rodrigo de Castro 2009 de Adega Soutelo S.L. (subzona de Amandi)
Adega Vella mencía 2009 de Jorge Feijoo González (subzona de Ribeiras do Sil)
Vía Romana de Adegas e Viñedos Vía Romana S.L. (subzona de Chantada)
Cividade 2009 de José Ramón Verao Pérez (subzona de Amandi)

2 medallas de prata para:

Décima 2009
de José Manuel Rodríguez González (subzona de Amandi)
Don Bernardindo 2007 de Emilio Rodríguez Díaz (subzona de Amandi)

O palmarés da Denominación de Orixe Ribeira Sacra este ano complétase co Premio Especial Cervim 2010 para Regina Viarum S.L. (subzona de Amandi), que xa o ano pasado se fixo con este prestixioso premio. Este recoñecemento outórgase a unha adega por país e é o resultado da suma das puntuacións obtidas polos distintos viños que presente cada adega.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: