Imprimir y PDF

Do acto participou o Conselleiro do Medio Rural

A D.O. Ribeira Sacra entregou os premios de Aosta

10/12/2010

O Parador de Turismo de Monforte de Lemos acollía a entrega dos galardóns aos premiados na XVIII edición do Certame Internacional de Viños de Montaña de Aosta. O acto de entrega estivo seguido dun xantar do que participaron unhas 150 persoas entre integrantes do Consello Regulador e autoridades políticas.
O Presidente do Consello Regulador, José Manuel Rodríguez, aseguraba que a cita, que se leva a cabo todos os anos, era unha festa, unha vez que a vendima está rematada e na adega está o futuro viño. Lembrou o bo funcionamento dos viños da Ribeira Sacra nos mercados e aseguraba que o futuro se ve con boas perspectivas. Segundo José Manuel Rodríguez o mérito da Denominación é que é un traballo de todos, un traballo en equipo.

Pola súa banda, o Conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, aseguraba que o sector do viño era o que máis alegrías lle daba. ??? de destacar o traballo da Denominación de Orixe Ribeira Sacra para convertir unha área de produción devaluada nunha das zonas máis interesantes de Europa na produción de viño. Ribeira Sacra ten paisaxe e unhas características únicas para a viticultura, recuperou castes autóctonas que dan o mellor de sí, creando viños cunha personalidade propia. A Denominación soubo adaptarse, ademáis, ás tendencias do consumo, ten capacidade para seguir medrando e, polo momento, mantense allea á crise xeneralizada no consumo de viño.?
Comprometíase o titular de Medio Rural a seguir colaborando co sector en aspectos como a mellora dos sistemas de produción, a reestruturación de viñedo, a promoción dentro e fóra das fronteiras,?
Samuel Juárez animou a adegueiros e viticultores a seguir traballando, pensando en calidade e respondendo ás demandas dos consumidores. ??Hoxe o viño é un motor de progreso para a comarca?, así remataba o Conselleiro a súa intervención na que felicitou, tamén, a todos os galardonados.

Da man das diversas autoridades políticas presentes no acto foron recibindo os seus galardóns da XVIII edición do Certame Internacional de Viños de Montaña de Aosta as seguintes adegas:

Medallas de ouro:
Regina Viarum 2009 de Regina Viarum S.L.
Portelo 2009 de Terras de Líncora S.C.
Almalarga 2009 de Pena das Donas S.L.
Viña Regueiral 2009 de José Rodríguez Prieto
Viña Vella de S.A.T. Virxe dos Remedios
Don Bernardino 2009 de Emilio Rodríguez Díaz
Cardenal Rodrigo de Castro 2009 de Bodega Soutelo S.L.
Adega Vella mencía 2009 de Jorge Feijoo González
Vía Romana de Adegas e Viñedos Vía Romana S.L.
Cividade 2009 de José Ramón Verao Pérez

Medallas de prata:
Décima 2009 de José Manuel Rodríguez González
Don Bernardino 2007 de Emilio Rodríguez Díaz

Ao anterior hai que engadir o Premio Especial Cervim 2010 para Regina Viarum S.L.


O acto aproveitouse tamén para entregar os diplomas ás adegas premiadas na XXII edición da Cata dos Viños de Galicia: Vía Romana de Adegas e Viñedos Vía Romana; Adega Barbado de Adega Tomás Rodríguez Fernández y Casa Moreiras de Casa Moreiras S.L.

Na Cata dos Viños de Galicia resultaron premiados tamén:
Acio de Bronce: Guímaro de Pedro Manuel Rodríguez Pérez
Acio de Plata: Cruceiro de Ramón Marcos Fernández
Acio de Ouro: Saíñas de Javier Fernández González

O palmarés completábase con premios para a Denominación a nivel autonómico:
O mellor tinto de Galicia para Regina Viarum 2009 de Regina Viarum S.L. e o premio na categoría ??Viño de Colleiteiro? para Estrela de Carlos Díaz Díaz.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.