Imprimir y PDF

José Manuel Rodríguez, Presidente C.R.D.O.R.S.

â??Hai que chegar primeiros á meta cada díaâ?,

30/12/2010

A Denominación de Orixe Ribeira Sacra pecha un ano excelente. Como ocorrera o ano anterior vendeuse toda a colleita que na cata de cualificación recibira a valoración de MOI BOA, a campaña de vendima superou as expectativas e roldáronse os 6.000.000 de quilos de uva de gran calidade, os resultados en concursos e certames seguen sendo positivos e foron, especialmente satisfactorios para a Denominación, o Certame Internacional de Viños de Montaña de Aosta e a Cata dos Viños de Galicia.

Este 2010 déixanos o acoller na Denominación de Orixe Ribeira Sacra a asemblea da C.E.C.R.V. (Conferencia Española de Consellos Reguladores Vitivinícolas) co que supuxo de promoción da D.O. e da zona, pero sobre todo, o 2010 péchase afianzando a un consumidor moi fiel aos nosos viños e xerando novos consumidores, entre todos conseguiuse que a â??criseâ? estea pasando â??de puntillasâ? pola Denominación.

En palabras do Presidente do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez: â??O 2010 foi de asentamento no mercado nun ano no que o sector está mal, o mundo do viño vive unha crise moi importante cunha baixada galopante no consumo e nesta tesitura a D.O. Ribeira Sacra non só se mantén, se non que ademais medra. Este é o gran logro da D.O. no seu conxunto. A Denominación acolleu a asemblea da CECRV, recibiu importantes premios a nivel nacional e internacional, cun incremento do recoñecemento que se manifesta non só nos premios, tamén en guías e foros de opinión.â?

O 2010 péchase deixando case operativa ao 100% a Ruta do Viño, este ano déuselle un impulso definitivo para que no 2011 estea a pleno rendemento. Logo dun ano de 10, José Manuel Rodríguez non lanza fogos artificiais: â??O sector do viño é unha carreira diaria, de evolución continua. Cada ano hai que facer un viño novo e que a xente o valore. Temos que estar aí sempre, o importante non é chegar un día á meta de primeiro, hai que estar constantemente aí. Levamos uns anos moi bos e iso non é casualidade, é resultado dunha forma de facer as cousas e de conseguir unha simbiose magnífica co consumidor, pero para que isto se manteña hai que seguir correndo, hai que chegar primeiros á meta cada díaâ?.

O 2011 vese desde esta mesma perspectiva, continuar evolucionando na liña marcada ata agora. Os alicerces seguen sendo o traballo de todos os implicados na D.O. Ribeira Sacra e a sintonía que se creou co consumidor, un consumidor que esixe, pero que tamén responde. â??Temos que ser capaces de seguir xerando esta relación co consumidorâ? apunta José Manuel Rodríguez.

Con 100.000 litros xa embotellados desta campaña para dar resposta á demanda, a D.O. enfróntase a un 2011 para o que se pide, como mínimo, que traia tantas satisfaccións como o 2010 que termina.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.