Imprimir y PDF

José Manuel Rodríguez, Presidente C.R.D.O.R.S.

â??Hai que chegar primeiros á meta cada díaâ?�,

30/12/2010

A Denominación de Orixe Ribeira Sacra pecha un ano excelente. Como ocorrera o ano anterior vendeuse toda a colleita que na cata de cualificación recibira a valoración de MOI BOA, a campaña de vendima superou as expectativas e roldáronse os 6.000.000 de quilos de uva de gran calidade, os resultados en concursos e certames seguen sendo positivos e foron, especialmente satisfactorios para a Denominación, o Certame Internacional de Viños de Montaña de Aosta e a Cata dos Viños de Galicia.

Este 2010 déixanos o acoller na Denominación de Orixe Ribeira Sacra a asemblea da C.E.C.R.V. (Conferencia Española de Consellos Reguladores Vitivinícolas) co que supuxo de promoción da D.O. e da zona, pero sobre todo, o 2010 péchase afianzando a un consumidor moi fiel aos nosos viños e xerando novos consumidores, entre todos conseguiuse que a â??criseâ?� estea pasando â??de puntillasâ?� pola Denominación.

En palabras do Presidente do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez: â??O 2010 foi de asentamento no mercado nun ano no que o sector está mal, o mundo do viño vive unha crise moi importante cunha baixada galopante no consumo e nesta tesitura a D.O. Ribeira Sacra non só se mantén, se non que ademais medra. Este é o gran logro da D.O. no seu conxunto. A Denominación acolleu a asemblea da CECRV, recibiu importantes premios a nivel nacional e internacional, cun incremento do recoñecemento que se manifesta non só nos premios, tamén en guías e foros de opinión.â?�

O 2010 péchase deixando case operativa ao 100% a Ruta do Viño, este ano déuselle un impulso definitivo para que no 2011 estea a pleno rendemento. Logo dun ano de 10, José Manuel Rodríguez non lanza fogos artificiais: â??O sector do viño é unha carreira diaria, de evolución continua. Cada ano hai que facer un viño novo e que a xente o valore. Temos que estar aí sempre, o importante non é chegar un día á meta de primeiro, hai que estar constantemente aí. Levamos uns anos moi bos e iso non é casualidade, é resultado dunha forma de facer as cousas e de conseguir unha simbiose magnífica co consumidor, pero para que isto se manteña hai que seguir correndo, hai que chegar primeiros á meta cada díaâ?�.

O 2011 vese desde esta mesma perspectiva, continuar evolucionando na liña marcada ata agora. Os alicerces seguen sendo o traballo de todos os implicados na D.O. Ribeira Sacra e a sintonía que se creou co consumidor, un consumidor que esixe, pero que tamén responde. â??Temos que ser capaces de seguir xerando esta relación co consumidorâ?� apunta José Manuel Rodríguez.

Con 100.000 litros xa embotellados desta campaña para dar resposta á demanda, a D.O. enfróntase a un 2011 para o que se pide, como mínimo, que traia tantas satisfaccións como o 2010 que termina.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.