Imprimir y PDF

Francisco Rodríguez Iglesias

â??Ã? o viño das entrañas da terra. Ã? o viño en estado puroâ?

05/02/2011

Francisco Rodríguez Iglesias nace en Castelo, Taboada (Ribeira Sacra) en 1949, no 85 pon en marcha Hércules Ediciones, desde entón centrou os seus esforzos na obra â??Proxecto Galiciaâ?, numerosas coleccións que teñen a súa base na cultura galega e que saíron adiante grazas ao traballo de numerosos expertos en diversas materias e ao empeño de Rodríguez Iglesias. Defínese como empresario metido a intelectual e á inversa. Desde o seu despacho con vistas ao Cantábrico confésanos que un bo libro sobre Ribeira Sacra sería un proxecto marabilloso, asegura que o pensou moitas veces, pero non se deron as implicacións necesarias. Nin el, nin nós perdemos a esperanza.

Nacido en Ribeira Sacra, segue tendo vinculación con esta terra?
Sempre que podo, Ribeira Sacra como hoxe a coñecemos descubrina non fai moito. Adoitaba paseala co geógrafo Francisco Javier Río Barja, el era o máximo defensor de Ribeira Sacra. Cando ía con el era outra viaxe, é imposible pór palabras ao que el dicía de Ribeira Sacra. Hoxe eu son un gran namorado da Ribeira Sacra. San Estevo de Ribas do Sil é unha auténtica marabilla da restauración. Para min había dúas cousas fundamentais á hora de mellorar Galicia: a autovía A Coruña - Bilbao e a restauración de Santo Estevo. Sempre que vou a Taboada achégome a ver as paisaxes, o románico, non falta unha visita a San Pedro de Rocas e a Santa Cristina. Son un espectáculo.

A vinculación co mundo do viño cando e como empeza?
Con 11 anos ía co meu pai a podar as cepas que el tiña para facer o viño. O viño era parte da cultura, pero non me gustaba, facíame dano. Facíase viño na miña casa, pero non o tomaba. Non fai moito que empecei a intentalo de novo. Agora teño 300 cepas en Castelo, Taboada, e eu elaboro o viño que ben podería chamarse Ribeira Sacra-Riazor. Agora, verdadeiramente, valoro o viño.

E gústanlle os viños de Ribeira Sacra, como son?
O viño de Ribeira sacra tiña que ser, oficialmente, o mellor viño de España. A calidade do terreo, a luz do sol, as condicións excepcionais,.. que diría Javier Río Barja. Cando era pequeno o meu pai tiña dous viñas, unha delas tiña pouca terra e producía pouca uva, ese viño era perfecto, o outro era moito peor viño. Ribeira Sacra é, toda ela, como a primeira viña do meu pai. Como catador, entendo pouco de aromas, de toques de froitas ou de madeira. A min gústame este viño porque me resulta un viño agradable ao padal e con bo corpo. Trasládome á miña terra cando o bebo.

E como é esa terra, como presentamos Ribeira Sacra a quen non a coñeza?
A beleza máis grande que ten o interior de Galicia. Posúe todo para ser un espectáculo para o visitante, faltan determinados servizos para ese visitante e lamentablemente aínda hai algunhas agresións á paisaxe.. Isto é un tema de todos e é necesaria unha concienciación cidadá para mellorar. A xente de Ribeira Sacra e os que chegan de fóra teñen que ter claro que as maiores riquezas da zona son o viño e a paisaxe. Hai que coidar e organizar estes dous elementos. Temos adegas que fan viño de calidade, temos a paisaxe e cada vez máis servizos. O traballo que queda por facer hai que adecualo á zona. En todo tense que notar que estás en Ribeira Sacra, ten que ser unha identidade.

Moitas veces fálase do esforzo do traballo nestas viñas, a pendente das ladeiras,.. Por este motivo acuñouse o termo â??viticultura heroicaâ? ao referirse a Ribeira Sacra. Parécelle acertado?
Paréceme ben, pero iría máis aló, é o viño das entrañas da terra, como brota, como sae,� cando ves nas viñas de Ribeira Sacra como a xente traballa, como soben a uva,� é o viño en estado puro, o viño que nace da terra e esa terra, ese chan, non o podemos transportar, é o seu hábitat e isto non se pode cambiar. Isto é Ribeira Sacra.

Cre que a D.O. tivo un papel fundamental á hora de exportar a marca Ribeira Sacra?
Sen dúbida. Ribeira Sacra... é un nome marabilloso, é un nome potente, evocador. Traballouse ben ata o momento, pero a nivel turístico queda aínda moito traballo por facer. Hai que pensar que ningunha outra D.O. ten a arte que ten Ribeira Sacra.

En Coruña é fácil atopar viño de Ribeira Sacra?
Si, en calquera sitio, nun bar para chatear, nun bo restaurante para comer, atópase sen problema. Agora estamos traballando moito en Andalucía e alí si que é verdade que non atopei viño de Ribeira Sacra. En Andalucía vexo moito Ribeira de Guadiana, pero non me gusta.

Cando mira ao mar estando en Coruña e pensa na súa terra, en Ribeira Sacra, que significa para vostede?
Significa natureza en estado puro, cultura. Significa beleza. Unha persoa que contemple o canón do Sil, se non se emociona, se non se atopa a si mesmo, entendo que non ten sensibilidade. Ribeira Sacra ten unhas paisaxes que te invitan a meterte dentro, átante.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: