Imprimir y PDF

Francisco Rodríguez Iglesias

�??�? o viño das entrañas da terra. �? o viño en estado puro�?�

05/02/2011

Francisco Rodríguez Iglesias nace en Castelo, Taboada (Ribeira Sacra) en 1949, no 85 pon en marcha Hércules Ediciones, desde entón centrou os seus esforzos na obra �??Proxecto Galicia�?�, numerosas coleccións que teñen a súa base na cultura galega e que saíron adiante grazas ao traballo de numerosos expertos en diversas materias e ao empeño de Rodríguez Iglesias. Defínese como empresario metido a intelectual e á inversa. Desde o seu despacho con vistas ao Cantábrico confésanos que un bo libro sobre Ribeira Sacra sería un proxecto marabilloso, asegura que o pensou moitas veces, pero non se deron as implicacións necesarias. Nin el, nin nós perdemos a esperanza.

Nacido en Ribeira Sacra, segue tendo vinculación con esta terra?
Sempre que podo, Ribeira Sacra como hoxe a coñecemos descubrina non fai moito. Adoitaba paseala co geógrafo Francisco Javier Río Barja, el era o máximo defensor de Ribeira Sacra. Cando ía con el era outra viaxe, é imposible pór palabras ao que el dicía de Ribeira Sacra. Hoxe eu son un gran namorado da Ribeira Sacra. San Estevo de Ribas do Sil é unha auténtica marabilla da restauración. Para min había dúas cousas fundamentais á hora de mellorar Galicia: a autovía A Coruña - Bilbao e a restauración de Santo Estevo. Sempre que vou a Taboada achégome a ver as paisaxes, o románico, non falta unha visita a San Pedro de Rocas e a Santa Cristina. Son un espectáculo.

A vinculación co mundo do viño cando e como empeza?
Con 11 anos ía co meu pai a podar as cepas que el tiña para facer o viño. O viño era parte da cultura, pero non me gustaba, facíame dano. Facíase viño na miña casa, pero non o tomaba. Non fai moito que empecei a intentalo de novo. Agora teño 300 cepas en Castelo, Taboada, e eu elaboro o viño que ben podería chamarse Ribeira Sacra-Riazor. Agora, verdadeiramente, valoro o viño.

E gústanlle os viños de Ribeira Sacra, como son?
O viño de Ribeira sacra tiña que ser, oficialmente, o mellor viño de España. A calidade do terreo, a luz do sol, as condicións excepcionais,.. que diría Javier Río Barja. Cando era pequeno o meu pai tiña dous viñas, unha delas tiña pouca terra e producía pouca uva, ese viño era perfecto, o outro era moito peor viño. Ribeira Sacra é, toda ela, como a primeira viña do meu pai. Como catador, entendo pouco de aromas, de toques de froitas ou de madeira. A min gústame este viño porque me resulta un viño agradable ao padal e con bo corpo. Trasládome á miña terra cando o bebo.

E como é esa terra, como presentamos Ribeira Sacra a quen non a coñeza?
A beleza máis grande que ten o interior de Galicia. Posúe todo para ser un espectáculo para o visitante, faltan determinados servizos para ese visitante e lamentablemente aínda hai algunhas agresións á paisaxe.. Isto é un tema de todos e é necesaria unha concienciación cidadá para mellorar. A xente de Ribeira Sacra e os que chegan de fóra teñen que ter claro que as maiores riquezas da zona son o viño e a paisaxe. Hai que coidar e organizar estes dous elementos. Temos adegas que fan viño de calidade, temos a paisaxe e cada vez máis servizos. O traballo que queda por facer hai que adecualo á zona. En todo tense que notar que estás en Ribeira Sacra, ten que ser unha identidade.

Moitas veces fálase do esforzo do traballo nestas viñas, a pendente das ladeiras,.. Por este motivo acuñouse o termo �??viticultura heroica�?� ao referirse a Ribeira Sacra. Parécelle acertado?
Paréceme ben, pero iría máis aló, é o viño das entrañas da terra, como brota, como sae,�?� cando ves nas viñas de Ribeira Sacra como a xente traballa, como soben a uva,�?� é o viño en estado puro, o viño que nace da terra e esa terra, ese chan, non o podemos transportar, é o seu hábitat e isto non se pode cambiar. Isto é Ribeira Sacra.

Cre que a D.O. tivo un papel fundamental á hora de exportar a marca Ribeira Sacra?
Sen dúbida. Ribeira Sacra... é un nome marabilloso, é un nome potente, evocador. Traballouse ben ata o momento, pero a nivel turístico queda aínda moito traballo por facer. Hai que pensar que ningunha outra D.O. ten a arte que ten Ribeira Sacra.

En Coruña é fácil atopar viño de Ribeira Sacra?
Si, en calquera sitio, nun bar para chatear, nun bo restaurante para comer, atópase sen problema. Agora estamos traballando moito en Andalucía e alí si que é verdade que non atopei viño de Ribeira Sacra. En Andalucía vexo moito Ribeira de Guadiana, pero non me gusta.

Cando mira ao mar estando en Coruña e pensa na súa terra, en Ribeira Sacra, que significa para vostede?
Significa natureza en estado puro, cultura. Significa beleza. Unha persoa que contemple o canón do Sil, se non se emociona, se non se atopa a si mesmo, entendo que non ten sensibilidade. Ribeira Sacra ten unhas paisaxes que te invitan a meterte dentro, átante.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.