Segue o traballo de promoción da D.O. Ribeira Sacra neste comenzo do 2011. Despois da participación en Xantar, a D.O. estará representada no Forum Gastronómico de Girona que se celebra entre o 20 e o 23 deste mes. Un espazo feiral no que estarán presentes empresas, produtores, fabricantes, distribuidores,...para dar a coñecer os produtos e as novidades máis destacadas ao público profesional.
Mentres tanto a D.O. segue colaborando cos centros de ensino que ofertan ciclos de restauración. Este venres dÃa 18, unha das técnicas do Consello Regulador acudirá ao I.E.S. Paseo dos Pontes de A Coruña para ofrecer unha charla e comentar unha cata cos alumnos dos ciclos medio e superior de servizos de restauración.
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España