Imprimir y PDF

Casa Consistorial de Trives o día 25 ás 12:00

Cata Cualificación Colleita 2010

24/02/2011

Este venres, 25 de febreiro a Denominación de Orixe Ribeira Sacra celebrará a Cata de Cualificación da Colleita 2010. Será a partir das 12:00 da mañá na casa consistorial de Trives. Esta cita ten carácter itinerante e pretende servir para dar a coñecer o territorio e os lugares de interese de Ribeira Sacra, ademais, do viño.
O pasado ano a cita foi na Peroxa, a colleita 2009 obtiña a cualificación de MOI BOA., agora a quenda, a nivel de escenario, é para a subzona de Quiroga-Bibei. Para a cata da colleita pasada as expectativas son moi boas, o Consello espera conxugar os bos resultados en cantidade de uva coa boa calidade da colleita.
O panel de cata valorará 10 mostras, 2 por subzona, de modo que en cada subzona unha mostra ha de representar a unha adega de moita produción e a outra a unha adega de pouca produción.

Para o panel de cata espérase contar con:
Alberto Román García Cancio, da Asociación de Sumilleres Gallaecia
Eva Pizarro García, da Asociación de Sumilleres Gallaecia
Luís José López Paadín, da Asociación Galega de Catadores
José Felicísimo Pereira Freijido, da Asociación Galega de Catadores
José Luís Hernáez Mañas, experto en viticultura e enoloxía
?scar Cidanes, da Asociación Galega de Sumilleres
Luís Díaz Álvarez, xornalista
Manuel Sánchez Quiroga, membro do panel de cata do CRDORS


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: