A D.O. Ribeira Sacra celebrou hoxe a cata de cualificación da colleita 2010. O esceario da cata foi a casa consistorial de Trives na subzona de Quiroga-Bibei. O panel de cata, composto por 7 catadores (?scar Cidanes da Asociación Galega de Sumilleres non puido acudir), valorou 10 mostras de viños, 2 por subzona. A colleita cualificouse como MOI BOA, cunha puntuación de 7.0, cabe destacar a igualdade de puntuacións entre as distintas mostras, o que deixa de manifesto a homoxeneidade de calidade entre os distintos viños.
Algúns dos catadores ofreceron as seguintes valoracións:
??Os viños desta colleita en Ribeira Sacra son viños moi limpos, cunha froita moi viva e boa capa de cor. Nun par de meses gozarase máis deles, hoxe aínda hai algúns un pouco tenros e con algunhas notas fermentativas. Dos viños desta D.O. destacaría que redondean moi ben en boca e a froita vermella madura. Son viños dos que sempre vas disfrutar?. (José Felicísimo Pereira Freijido, Asociación Galega de Catadores)
??A do 2010 é unha colleita moi boa. Son viños que van desenvolver un potencial importante. Viños moi singulares, moi estruturados en boca. Manteñen a personalidade da zona, iso hoxe é complicado e, con todo os viños de Ribeira Sacra están sendo viños que se distinguen de calquera outro.? (José Luís Hernáez Mañas, experto en viticultura e enoloxía)
??A añada é boa e moi homoxénea. Temos boa estrutura, boa acidez, son viños que se van a desenvolver moi ben. Viños con moita personalidade, diferéncianse dos demais, son moi orixinais. Son distintos, iso é o bo destes viños? (Eva Pizarro García, Asociación Sumilleres Gallaecia)
As colleitas da D.O. Ribeira Sacra levan varios anos obtendo a valoración de MOI BOAS. A do 2009, que deixou excelentes resultados con toda a produción vendida e obtendo na Cata dos Viños de Galicia os premios a mellor tinto de Galicia e o premio a ??Viño de Colleiteiro?, recibira unha cualificación de 7.2. A D.O. encara este 2011 coa maior produción da súa historia e mantendo estándares de calidade, ao longo dos próximos meses iremos vendo se o mercado e a crítica seguen avalando o traballo feito.
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España