Imprimir y PDF

elmundovino

Gran potencial, traballo por facer

05/04/2011

Elmundovino, a través dun artigo de Víctor de la Serna, achégase á Denominación de Orixe Ribeira Sacra. Asegura o autor que a D.O. é unha rexión de enorme potencial coa ??singular característica de que se volveu moito máis famosa en EEUU que en España?.

Para elaborar o artigo un grupo de catro catadores catou 26 viños, deles destacan os valores clásicos de frescor e mineralidade, nacidos dos terruños graníticos e pizarrosos da Ribeira Sacra. Recolle o autor, que enólogos da zona, afirman que a beleza da paisaxe esconde unha realidade vitícola difícil, baseada no traballo manual e o hándicap da pendente do terreo. Dos viños catados, ningún dos 8 mellores é un mencía varietal, de feito, sorpréndense dos bos resultados obtidos con merenzao, bracellao e garnacha tintorera.

Ademais de valorar cada un dos 26 viños individualmente, o artigo termina con varios consellos para impulsar o que denomina ??potencial abraiante de orixinalidade e personalidade?: rexenerar, nalgúns casos, os chans e indagar na utilización doutras variedades.

A información completa no apartado "que din" desta web.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: