Imprimir y PDF

Próximas actividades D.O. Ribeira Sacra

Promoción e apoio ao consumo responsable

11/04/2011

A D.O. Ribeira Sacra está presente na XXV edición do Salón Internacional do Clube Gourmets. A cita desenvólvese entre hoxe, 11 de abril, e o 14 deste mes nas instalacións de IFEMA en Madrid. A D.O. será protagonista na xornada do día 13, mércores. Ás 17:45 farase unha presentación da D.O. xunto coas D.O. Arzúa-Ulloa e San Simón da Costa, ademais da empresa conserveira Boiromar seafood S.L.

Acudir a feiras como Gourmets é importante para o C.R.D.O.R.S., establécense novos clientes e consolídanse os xa existentes. Estar representados nas principais citas gastronómicas de España é unha forma eficaz de abrir mercados e facer constar a distribuidores e exportadores a calidade dos viños de Ribeira Sacra.

Unha vez termine Gourmets, o Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra trasladarase a Coruña para participar nas Xornadas ??Come a Coruña?. A actividade desenvolverase entre o 15 e o 24 de abril nas carpas situadas para tal fin, nos Xardíns Méndez Núñez. Dentro da programación, recóllese o día 15 de abril a partir das 11:00 da mañá, a presentación dos viños da D.O. Ribeira Sacra co obxectivo de dar a coñecer ao público coruñés e outros visitantes, os viños que se producen nesta Denominación e as súas singulares características.

Á promoción concreta da D.O. e dos seus viños hai que engadir que o Consello Regulador traballa na divulgación e protección do sector do viño en xeral. Neste ánimo asinará o compromiso de adhesión á axenda europea ??Viño con moderación?. O programa ??Viño con Moderación? supón a unión do sector europeo do viño co compromiso de contribuír eficazmente para reducir os danos asociados ao consumo de alcol, baseándose na ciencia e en informacións correctas. Trátase, polo tanto, de promover un consumo responsable de produtos e viños, apoiando o consumo con responsabilidade e educando aos interesados sobre os riscos sanitarios dun consumo inaxeitado.

A proposta de adhesión a este programa nace de FIVIN, comunidade médica constituída como ??Fundación para a Investigación do Viño e Nutrición? dando a coñecer os beneficios do consumo responsable do viño. FIVIN traslada a invitación á Asociación de Sumilleres Gallaecia e esta aos Consellos Reguladores do viño en Galicia.
O acto oficial de adhesión á campaña levará a cabo o día 13 de abril ás 17:30 no Domus da Coruña.

Ligazóns


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.