Os dÃas 27 e 28 deste mes celébrase unha nova edición de Vinis Terrae, Salón profesional e especializado en viño e licores de Galicia. A cita desenvólvese no recinto feiral de Expourense con horario 10:00 a 14:30 e de 16:00 a 18:30. Vinis Terrae atrae cada ano a centos de importadores e distribuidores do mercado español, prensa especializada e representantes do sector no estranxeiro. Este ano teñen confirmada asistencia importadores e distribuidores de Alemaña, Bélxica, Brasil, Dinamarca, EEUU, Finlandia, Holanda, México, Polonia, Portugal, Reino Unido, Suecia e SuÃza, gran parte deles xa coñecen os viños da D.O. Ribeira Sacra, pero esta será unha oportunidade para abrir novos mercados e establecer relacións con novos clientes.
A Denominación acudirá con stand propio e estará tamén representada no stand da ConsellerÃa. O mércores 27 a partir das 13:00 farase unha presentación de todos os Consellos Reguladores do Viño de Galicia, entre os que non faltará a D.O. Ribeira Sacra. Ademais durante a feira, no stand da Denominación poderase degustar o viño da última colleita, que recibiu a cualificación de MOI BOA, e obter información de interese dunha das denominacións emerxentes en España, nestes momentos.
A presenza da Denominación en Vinis Terrae complétase coa asistencia de adegas a nivel particular, en concreto: Pradio, Casa Moreiras, Adegas Moure, Adega do Mollón e Adegas e Viñedos VÃa Romana.
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España