Imprimir y PDF

Vinis Terrae e Winetech

Promoción e Innovación

29/04/2011

A D.O. Ribeira sacra valora positivamente a súa participación en Vinis Terrae, feira profesional que se está convertendo en referente do sector. Ademais de estar representada no stand da Consellería de Medio Rural, a Denominación acudiu con stand propio que foi visitado por numerosas persoas, especialmente no día de apertura da feira. Os centos de persoas que pasaron por Vinis Terrae durante estes dous días coñeceron tamén algo máis das peculiaridades da Denominación, a través das dúas presentacións que se levaron a cabo, unha o 27 ás 13:00 horas e outra onte no mesmo horario.

Unha das seguintes actividades da Denominación é a colaboración coa Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA) e o INGACAL para sacar adiante as II Xornadas Técnicas Winetech. A actividade desenvolverase o día 4 desde as 9:45 da mañá na sede de FEUGA en Santiago. O obxectivo das xornadas é promover a I+D+I no sector do viño, con especial atención ás rexións de Europa de gran tradición vitivinícola, entre as que se atopa Galicia. Os interesados deben de confirmar asistencia antes do 2 de maio.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.