Imprimir y PDF

26 e 27 de maio

XVII edición da Cata dos Viños da Ribeira Sacra

02/05/2011

O Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra organiza a XVII edición da Cata dos Viños da Ribeira Sacra, que se celebrará no Centro do Viño de Monforte os días 26 (cata de selección) e 27 de maio (cata final).

Na cata poden participar os viños elaborados por adegas inscritas na D.O. que se atopen en fase de comercialización. Establécense 3 categorías e para participar nelas é preciso un mínimo de 6 mostras de viño por categoría.

Categorías:

Viños brancos: pódense presentar tantas marcas como a adega considere. Só entran a concurso os Ribeira Sacra Súmmun branco da colleita 2010. No momento da recollida a adega debe de ter unhas existencias mínimas de 500 botellas.

Viños tintos: pódense presentar tantas marcas como a adega considere. Só entran a concurso Ribeira Sacra Tinto da colleita 2010. No momento da recollida a adega debe de ter unhas existencias mínimas de 500 botellas.

Viños doutras añadas: pódense presentar tantas marcas como a adega considere. Entran a concurso viños con barrica da colleita 2010 e viños doutras colleitas distintas que non teñan participado en edicións anteriores. No momento da recollida a adega debe de ter unhas existencias mínimas de 300 botellas.

O prazo para presentar a inscrición dos viños remata o 13 de maio.

A recollida de mostras faráa persoal do Consello Regulador, escollendo ao azar 3 mostras do stock. Para a cualificación dos viños contarase cun mínimo de 7 expertos en análise sensorial, dos que, como mínimo, o 50% pertencerán á Comunidade Autónoma de Galicia. Os viños cataranse por series, comezando con viños brancos, seguidos dos tintos e finalmente viños doutras añadas. Se o número de mostras presentadas nalgunha das categorías é inferior a 10 non se fará a cata de selección accedendo todas elas á Cata Final.

A entrega de premios realizarase o mesmo día que se celebre a cata final. Para brancos e tintos contémplanse 3 premios para cada categoría: medalla de ouro, de prara e de bronce. Para os viños doutras añadas entregaranse medallas de ouro, o número delas dependerá do número de participantes, menos de 14 participantes unha medalla de ouro, menos de 20 dúas medallas de ouro e máis de 20 tres medallas de ouro.

O prazo para inscribir os viños remata o 13 deste mes.

BASES E INSCRICIÃ?N NO APARTADO "CONCURSOS" DESTA WEB


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.