Imprimir y PDF

Dominio do Bibei-Cividade

Dúas adegas de Ribeira Sacra premiadas por Gallaecia

05/05/2011

O domingo, 8 de maio, a Asociación de Sumilleres de Galicia, GALLAECIA, celebra o seu XII aniversario. A cita aproveitarase para recoñecer o esforzo de persoas e entidades que traballan por impulsar os produtos galegos de calidade, con especial atención ao viño galego. Os recoñecementos denomínanse Distinguidos Gallaecia e contémplanse 7 apartados, dous deles relacionados directamente coa D.O. Ribeira Sacra.

Así no apartado Adega con Tradición Distinguida Gallaecia, o premio recae sobre Mª Jesús López Cristóbal de Cividade (D.O. Ribeira Sacra). Concédeselle o premio por ser un dos viñedos máis antigos de Ribeira Sacra, gran referente da viticultura de Alta Montaña como corroboran as medallas recibidas nos últimos anos na Cata dos Viños de Montaña de Aosta. Gallaecia atribúelle, ademais, se fiel referente de Ribeira Sacra no modo de facer e na conservación das súas varietais.

O outro premio é para Dominio do Bibei (D.O. Ribeira Sacra), como Adega Meritoria Distinguida Gallaecia por ser un referente de enoloxía e viticultura e sinónimo de paixón no traballo, por interpretar e transmitir o terruño. Polo seu traballo innovador, o uso da gravidade como sistema de produción vinícola e polos recoñecementos obtidos a nivel nacional e internacional.

O resto de premios son:
Socio Honra Gallaecia: José Manuel Fernández Anguiano, Enxeñeiro Técnico Agrícola. Personaxe do Viño Distinguido: Luís Rodríguez Alonso, viticultor de 95 anos. Enólogo Distinguido Gallaecia: José Felicísimo Pereira Freijido. Xornalista Distinguido Gallaecia: Lucía Casanova Sánchez- Galicia10.com. Artesán Distinguido: Agrupación Agroalimentaria do Eume.

A entrega de diplomas farase ás 13:15 en casa de Turismo Rural A Ponte en Boimorto.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.