Paradela acolle a Cata de Calificación da colleita 2018 na D.O. Ribeira Sacra			                
			                 
			                			                 
			                15/02/2019
       
			                
							
							
							                                                                                  
                                        			             
                                        
                                         
                                                                                    
                                                                                                                      
                                        			             
                                        
                                                
                                        As Catas de Calificación da Ribeira Sacra teñen carácter itinerante por subzonas e, nesta ocasión, o turno é para a subzona de Ribeiras do Miño. O pasado ano, a cita foi en Parada de Sil (subzona de Ribeiras do Sil), onde a colleita 2017 obtiña a valoración de EXCELENTE. Integran o panel de cata:
- Antonio Raluy, membro da Asociación Galega de Catadores  
 - Mateo Seoane Corral, membro da Asociación Sumilleres de Gallaecia
 - Argimiro Levoso Touceda, membro da Asociación Galega de Enólogos
 - Jesús Rodríguez Carreiras, membro da Asociación Vitislucus, Expertos en Análise Sensorial e Enoturismo e Profesor de Servicios en Restauración na Escola de Hostalería de Lugo "IES Sanxillao"
 - Alfonso Losada Quiroga, experto en Análise Sensorial de Viños
 - Luis Díaz Álvarez, xornalista especializado
 - José María Martínez Alonso, membro do panel de cata do C.R.D.O.R.S.
 - José María Martínez Matos, membro do panel de cata do C.R.D.O.R.S.
 - Juan Angel Martínez, membro do panel de cata do C.R.D.O.R.S.
 - Xesús Verao Pérez, membro do panel de cata do C.R.D.O.R.S.
 
    O panel de cata valorará 
10 mostras, 2 por subzona (Amandi, Chantada, Quiroga-Bibei, Ribeiras do Miño e Ribeiras do Sil), buscando ter representación en cada subzona dunha adega de maior produción e outra de menor produción, para establecer unha valoración media dos viños da nova añada. A recollida de mostras véñena facendo técnicos do C.R.D.O.R.S. desde o pasado día 8. O 
Consello Regulador organiza esta cata co fin de informar aos consumidores sobre a calidade dos viños que se van atopar no mercado. A primeira cata de calificación celebrouse no 1996, co resultado de “BOA”. Desde aquela, todas as cualificacións foron de “MOI BOA”, agás o pasado ano e no 2000, que foron “EXCELENTES”.