Imprimir y PDF

"Os viños da RS son femininos porque dan o que prometen"

Premios aos mellores viños da D.O. Ribeira Sacra

27/05/2011

O Parador de Turismo de Monforte foi o escenario escollido para celebrar o xantar que daba o peche á XVII edición da cata dos viños da D.O. Ribeira Sacra. O acto era utilizado para entregar os premios aos viños que os 10 catadores, que conformaron o panel de cata, consideraron os mellores.

Na categoría de brancos presentáronse 11 viños e os premiados foron:
Terceiro premio: Viña Garoña de adega Viña Garoña
Segundo premio: Almalarga de adega Pena das Donas
Primeiro premio: Abadía da Cova de Adegas Moure



Na categoría de tintos presentáronse 37 mostras e os premiados foron:
Terceiro premio: Adega Vella de adega Jorge Feijoo González
Segundo premio: Sollío de adega Victorino Álvarez Rodríguez
Primeiro premio: Regina Viarum de adegas Regina Viarum



Por cuarto ano consecutivo contábase cunha categoría máis, viños doutras añadas. Polo número de participantes, 14 mostras, concretábase na bases un único premio que recaeu en: Regina Expresión de adegas Regina Viarum.

O Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra, continúa fiel ao seu ánimo de impulsar este territorio e unha vez máis utilizou como premios, pezas de olería de Gundivós (Sober), que foron entregando aos premiados, as autoridades presentes.

Os catadores do panel de cata destacaron a calidade dos viños da pasada colleita e loubaron as cualidades e características diferentes dos viños da D.O.R.S.

María Isabel Mijares y García Pelayo, experta en viticultura e enoloxía. Equipo Team.: ??Coñecía os viños de Ribeira Sacra cando aínda eran ??Viños da Terra?, foi nunha cata en EEUU e probei un viño de Ribeira Sacra que me pareceu incrible cunha mestura de brío e tenrura, un viño de excelentes modais. Polo meu traballo para a guía Repsol coñezo todas as D.O. e sempre me impresionou a traxectoria dos tintos de Ribeira Sacra. Son os viños do reto, como son os seus viñedos, heroicos. Sempre os quero cerca e son unha gran consumidora de Ribeira Sacra. Moitas cousas fanos diferentes, pero creo que é moi importante a variedade mencía, dálles unha expresión tánica con forza, unha gran permanencia en boca e as notas afroitadas. Diría que os viños de Ribeira Sacra son femininos porque dan o que prometen?.

Bruno Kammerer, xornalista e experto en viticultura.:?Coñecín Ribeira Sacra e os seus viños nos anos 70 da man de Antón Patiño pai, encántame a zona e o viño. Son uns viños agradables, ideais para comer, non se fan pesados como outros viños que se elaboran en España. Se se trata ben á mencía, os viños poden ser excelentes. Estamos ante viños atlánticos, elegantes, suaves, nobres. O viño é unha cousa para usar e os viños de Ribeira Sacra teñen un uso perfecto.?


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.