Imprimir y PDF

O 31 de maio remata o prazo para inscribirse.

Ribeira Sacra prepárase para o XIX Concurso Intern. de Montaña de Aosta

30/05/2011

Está en marcha a XIX edición do Concurso Internacional de Montaña de Aosta, que este ano se celebrará entre o 7 e o 9 de xullo. Os interesados en participar deben de entregar a documentación necesaria e as mostras dos viños, na sede do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra antes das 15:00 do día 31 de maio.

O certame de Aosta é un dos máis importantes a nivel internacional no ámbito da viticultura de montaña, da que en España só existe como representante a D.O. Ribeira Sacra. De feito os requisitos para poder participar no Concurso pasan por tratarse de viñedos que presentan dificultades estruturais permanentes do tipo: altitude superior a 500 metros, pendente do terreo superior ao 30% (en puntos da D.O. Ribeira Sacra chégase ao 70%) ou sistemas vitícolas en terrazas de cultivo.

A organización do Concurso corre por conta do CERVIM, organismo que con esta e outras actividades pretende pór en valor e promocionar os viños producidos en zonas con condicións orográficas complicadas. Trátase, tamén, de sensibilizar ao público en xeral sobre as características culturais específicas que teñen estes espazos e a relación que se establece entre o produtor e o territorio.

O certame ten carácter internacional e ano tras ano, os resultados que obtén a D.O. Ribeira Sacra son moi satisfactorios, converténdose en referente da viticultura de montaña a nivel mundial.



CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.