Imprimir y PDF

Marca de pertenza á viticultura de montaña

Preséntase en Ribeira Sacra o logo de viticultura heroica do CERVIM

11/06/2011

O CERVIM quere dar un paso máis no respaldo e promoción da viticultura de montaña e faino cunha nova marca que referencia a viticultura heroica.

O Presidente do Cervim, Roberto Gaudio, explicou en rolda de prensa que a marca pretende valorizar a paisaxe, a cultura e a viticultura.

Para poder utilizar a marca nos viños é necesario ser socios do Cervim e en España, só a D.O. Ribeira Sacra ten catalogados os seus viñedos como viñedos de montaña, dentro de Cervim.
Constatouse durante a presentación do logo que non será unha marca comercial, se non unha marca de pertenza á viticultura de montaña.

O Conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, reclamaba maior apoio desde Europa para este tipo de viticultura e recalcaba que a nova marca distingue unha cultura de produción e con iso deféndese unha paisaxe, fíxase poboación e mellóranse as condicións ambientais dun territorio, neste caso, de Ribeira Sacra.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: